O club agradécelle o seu esforzo, traballo e implicación e deséxalle un gran éxito na súa nova etapa
O Real Club Celta, o Beitar de Jerusalém e o xogador Andrés Túñez acordaron hoxe a rescisión do contrato do xogador co club israelita, ao que chegou cedido durante o pasado verán. O Real Club Celta e Andrés Túñez chegaron tamén a un acordo para a rescisión do contrato do futbolista, quen xa se desvinculou da entidade celeste.
O club quere expresarlle a Túñez o seu máis sincero agradecemento pola súa entrega, profesionalidade e implicación durante as moitas tempadas nas que defendeu a camiseta celeste, desde o xuvenil ata o primeiro equipo.
O central foi unha peza moi importante tanto no ascenso do equipo a Primeira División como no logro da permanencia conseguido a pasada campaña, dúas tempadas nas que exhibiu, como nas anteriores, un enorme grao de compromiso.
O Real Club Celta deséxalle ao xogador un gran éxito na súa nova etapa profesional.