Liga BBVA nomeou MVP ao dianteiro celeste, autor de dous goles ante o Real Madrid
O dianteiro celeste celeste Charles Dias foi seleccionado pola Liga BBVA como mellor xogador (MVP) da xornada 37 de Primeira División. O goleador céltico asinou unha gran actuación fronte ao Real Madrid, ante o que sumou 2 dianas que elevan a súa conta goleadora da presente tempada a 12 goles.
O hispanobrasileño e Nolito, que acumula 14 goles, xa se convertiron na mellor dupla goleadora do Celta dos últimos dez anos na máxima categoría do fútbol español. Ante o Valencia na próxima xornada terán a oportunidade de continuar superando os rexistros históricos do club vigués.
Máis información en www.ligabbva.com