A fichaxe do central está pendente de pechar o acordo definitivo e do examen médico ao futbolista
O defensa Sergi Gómez (28 de marzo de 1992, Arenys de Mar) chegou esta noite a Vigo para converterse en novo xogador do RC Celta, unha vez supere o recoñecemento médico e se peche o acordo definitivo. Procedente do Barça B, Sergi Gómez foi o xogador que acumulou máis minutos a tempada pasada no conxunto blaugrana, tercer clasificado da Segunda División. VÍDEO EN CELTATV
Os servizos médicos do club realizarán o exame médico ao futbolista este martes.
Fotografía: Marta Grande