A contratación do internacional serbio Sub-21, pendente do recoñecemento e do acordo definitivo
Nemanja Radoja (1993, Serbia), centrocampista internacional Sub-21, chegou esta noite a Vigo para converterse en xogador do Celta. A súa contratación está pendente de que o xogador supere o recoñecemento médico e de que se peche o acordo definitivo polo seu traspaso.
Unha vez realizados estos trámites o futbolista será presentado ante os medios de comunicación no estadio de Balaídos en torno ás 13:30 horas deste martes.