Primeiro Equipo

Un brillante Celta adxudícase o Memorial Quinocho cunha goleada ao Cagliari

RC Celta

copaquinocho160814.jpg

Os celestes, magníficos, foron un vendaval con Mina, Cabral, Orellana e Nolito como goleadores (4-0)

 

O Celta adxudicouse, con brillo e solvencia, o XIX Memorial Quinocho ao golear ao Calgliari Calcio nun gran partido dos celestes, a intres un auténtico vendaval. Santi Mina, Cabral, Orellana e Nolito foron os goleadores desta ilusionante Celta.

 

O Celta comezou apertando arriba e capitalizando a posesión, como nos anteriores encontros desta pretemporada que hoxe viviu o seu último capítulo futbolistico. O gol chegou enseguida. Aos 6 minutos, rosca perfecta de Santi Mina, desdxe a esquerda, lonxe do alcance do porteiro. Gran gol. Pouco despois, Charles lanzou lixeiramente desviado noutra boa chegada dun Celta moi superior no arranque do partido.

 

Co paso dos minutos, foise pausando o choque, sempre co Celta levando o peso, e as ocasións se espaciaron. Aos 36 minutos tras varias chegadas celestes, Álex López probou de lonxe, pero o seu disparou saíu lixeiramente desviado. O canteirán, aos 42 minutos, lanzou alto tras un bo pase entre liñas.

 

Tras a continuación, no primeiro mimuto, Cabral conectou un gran cabezazo á saída dun córner para aumentar a vantaxe celeste. Puido aumentar pouco desuñes cun remate de Charles que despexou ben a meta rival.

 

As xogadas brillantes sucedíanse no equipo vigués, que aplicou un ritmo vertixinoso ao seu xogo ofensivo e desarbolaba ao Cagliari con enorme facilidade. Aos 11 minutos, gran pase de Madinda a Chales, quen foi derrubado de maneira clara na área. O penalti lanzouno Orellana para anotar o terceiro tanto celeste.

 

En plena avalancha celeste, Nolito marcou outro tanto para enmarcar. Arrincou desde a esquerda, perfilouse e soltou un trallazo imparable desde a frontal. Golazo.

 

O Celta era un bulebule, cun xogo veloz, a intres espectacular, que levantou á afección. Charles volveu toparse co porteiro do Cagliari noutra boa ocasión para os celestes, que nesta fase do choque, preto da media hora de xogo, si sufrían algunhas chegadas do conxunto italiano lideradas polo mundialista Ibarbo.

 

Cragno, aos 30 minutos desbaratou cunha espléndida parada un gran cabezazo de Larrivey. O pau salvou aos vigueses pouco despois tras unha xogada de estratexia. Gran vitoria no último ensaio antes do comezo de Liga.

 

FICHA TÉCNICA

4-R.C.Celta: Rubén, Hugo Mallo (Costas, min.76), Sergi Gómez, Fontás (Cabral, min.46), Jonny (Planas, min.46), Radoja (Borja Fernández, min.62), Álex López (Kronh.Dehli, min.46), Madinda (Jordan, min.70), Augusto (Orellana, min.46), Santi Mina (Nolito, min.46) e Charles (Larrivey, min.70)

 

0-Cagliari Calcio: Colombi, Crisetig, Cossu, Avelar, Capello, Pisano, Farias, Ekdal, Sau Ceppitelli e Capuano. Tamén xogaron Balzano, Ibarbo, Longo, Donsan, Cragno

 

Goles: 1-0, min.6: Santi Mina; 2-0, min.46: Cabral; 3-0, min.57: Orellana, de penalti; 4-0, min.60: Nolito

 

Árbitro: Iglesias Villanueva. Expulsou con vermella directa a Cabral (min.88)

 

Campo: Balaídos, 7.153 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio en memoria do ex xogador celeste Ángel Suárez “Panocha” e dos abonados históricos Fernando González Amadios (abonado número 3 del RC Celta) e José Rodríguez Da Silva, recentemente falecidos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas