Primeiro Equipo

Footplus inicia os estudos biomecánicos aos xogadores do RC Celta

RC Celta

footplus190814.jpg

Unha tempada máis, a empresa viguesa diseñará plantillas personalizadas para os pés dos xogadores

A empresa viguesa Footplus, experta na elaboración de estudos biomecánicos e a fabricación personalizada de plantillas, iniciou esta mañá na Madroa as análises biomecánicos ao plantel do primeiro equipo do Real Club Celta de Vigo.

 

Grazas aos datos recabados por Footplus, os servizos médicos do club coñecerán con detalle a estrutura real do pé de cada xogador, unha valiosa información coa que se poderá traballar na mellora do rendemento do futbolista e na protección ante posibles lesións.

 

Como vén sendo habitual desde hai varias tempadas, Footplus porá a disposición dos xogadores unhas plantillas personalizadas coas que mellorar o apoio e corrixir posible patoloxías, non só nos adestramentos e nos partidos, xa que tamén disporán dunha gama de plantillas destinada ao uso diario.

 

O labor de Footplus continuará unha vez comece a tempada. Nos próximos meses os futbolistas coñecerán as súas desviacións posturales e como corrixilas co uso adecuado dos persoais, ademais de manter un control de evolución.

 

PASOS DO ESTUDO BIOMECÁNICO

FASE 1 A ANÁLISE.

Accións que se desenvolven:

Estudo marcha: gravación en vídeo da marcha para a súa posterior valoración.

Estudo carreira: gravación en vídeo da carreira para a súa posterior valoración.

Fotometría postural: toma de fotografías posturales.

Análise dinámico do apoio – Análise estático do pé: mediante a utilización das últimas tecnoloxías (baropodómetro, podoscopio) analízanse e dixitalízanse as pegadas do xogadores, tanto estáticas coma dinámicas.

Informe biomecánico: o equipo técnico elabora un informe personalizado para cada xogador recollendo todos os datos rexistrados nos estudos antes mencionados. Remítense nun primeiro momento en formato dixital ao corpo médico.

Fabricación de plantillas personalizadas: en base á toma de datos e ao informe elabóranse plantillas personalizadas para os xogadores. Disporán dunha gama para adestrar e xogar e outra para a súa vida diaria.

Tras estas primeiras accións poranse en marcha nos primeiro meses da tempada as fases de primeiras conclusións e evolución. 

Presentarase de forma gráfica e individualizada a cada xogador as primeiras conclusións. Establecendo visualmente (proxección de vídeo, fotografía, imaxes 2D e 3D…) as desviacións posturais dos xogadores, facéndolles conscentes das súas tendencias e establecendo en base a entrega e pautas do uso das plantillas. 

Ao terceiro mes farase un control de evolución, que permitirá analizar como respondeu o xogador ás pautas de uso das plantillas e realizar as accións correctivas necesarias propoñendo a realización dalgúns cambios de plantillas en funciónda adaptación e/o un traballo de postura personalizado.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas