Primeiro Equipo

O Celta debuta cunha solvente vitoria ante o Getafe

RC Celta

Celta-Getafe-1415-Orellana.jpg

Os celestes, superiores, crearon numerosas ocasións. Nolito, Orellana e Larrivey anotaron (3-1)

 

Debut con vitoria, con solvencia e boa imaxe do Real Club Celta na tempada 2014/2015. Os celestes, serios na contención e voraces arriba derrotaron ao Getafe por tres goles a un e topáronse en con o pau en tres ocasiones. Nolito, Orellana e Larrivey foron os goleadores neste bo primeiro partido da campaña.

 

O Celta, ambicioso e dominador desde o primeiro instante, puido marcar xa ao tres minutos. Tras unha gran xogada de Nolito, Álex López rebentouna contra a cruceta e o rexeite cabeceouno Larrivey, cuxo remate foi desviado por Guaita de novo á madeira. Dobre oportunidade no arranque para un conxunto vigués desatado en ataque.

 

Pasados o dez minutos, o Getafe gozou tamén de algina chegada, ben freada pola zaga celeste, concentrada e solvente ou por Sergio, quen na súa primeira intervención desviou con seguridade un remate de Álvaro. Aos 16 minutos, Nolito cabeceou fóra un saque de esquina que chegou tras un bo disparo de Álex López.

 

Aos 19 minutos, a insistencia celeste tivo premio. Larrivey prolongou de cabeza cara a Nolito, quen recolleu o coiro na liña de fondo e bateu a Guaita cun disparo case imposible.

 

Pouco despois, Guaita desviou con acerto un remate de Larrivey, quen chegaba á área tras un gran pase interior de Álex López. O Getafe, movido pola necesidade, foi crecendo e achegándose con perigo á meta de Sergio, aínda que os locais tamén dispuñan de boas aproximacións, como senllos disparos de Nolito e Álex López. O descanso chegou sen novidade e co partido máis aberto.

 

Tras a continuación, Orellana roldou o gol tras unha boa xogada de Jonny. E Álex pouco despois cun remate na área pequena que rebotó no traveseiro: Terceiro pau da noite para os célticos. Guaita desviou aos 8 minutos un remate de Kronh-Dehli desde a frontal noutra chegada dun Celta novamente moi superior no arranque da segunda metade.

 

O gol, cuestión e tempo, chegou aos 10 minutos de maneira brillante, Orellana, mestre dos espazos reducidos, foise de varios rivais na frontal para enganchar un zurdazo imparable.

 

O Getafe lembrou enseguida, Sammir marcou tras un pase de Lafita nunha contra. O Celta tiña que seguir ao máximo ante un rival que crecía. Pero os vigueses, demoledores arriba, volveron anotar cunha gran xogada. Maxistral pase de Nolito cara a Larrivey, quen bateu con tranquilidade a Guaita. O meta visitante desviou pouco despois un remate cruzado de Orellana.

 

Bo partido do Real Club Celta no seu debut.

 

FICHA TÉCNICA

 

3-R.C.Celta: Jonny, Cabral, Fontás, Planas, Borja Fernández (Radoja, min.86), Álex López (Augusto, min.67), Krohn-Dehli, Orellana, Nolito e Larrivey (Charles, min.88)

 

1-Getafe: Guaita, Valera, Alexis (Carlos, min.46), Sarabia (Míchel, min.63), Roberto Lago, Rafa, Sammir, Juan Rodríguez (Freddy, min.63), Lafita, Diego Castro e Álvaro

 

Goles: 1-0,min.19: Nolito; 2-0, min.55: Orellana; 2-1, min.62: Sammir; 3-1,min.69: Larrivey

 

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Jonny, Nolito, Planas, Orellana, Alexis

 

Campo: Balaídos, 20.416 espectadores. No descanso do partido foron presentadas as categorías inferiores do club

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas