Primeiro Equipo

O Celta suma un punto na súa primeira visita

RC Celta

corcel1.jpg

Foi moi superior ao Córdoba na primeira metade. Orellana anotou o tanto celeste e debutou Pablo Hernández

 

O Celta non sacou partido á súa enorme superioridade na primeira metade e sumou un punto no Árcangel ante un Córdoba que só apareceu tralo gol de Orellana na segunda parte. Bo punto para os célticos. Debutou Pablo Hernández

 

Calor asfixiante no Arcángel no segundo partido da tempada para un Celta que volveu a protagonizar unha posta en acción plena de intensidade e ambición, con dominio do coiro desde o inicio. Aos 5 minutos chegou a primeira ocasión para os celestes. Gran xogada de Orellana, recolleu Nolito e o seu centro non puido rematalo Larrivey no área pequena.

 

Cinco minutos despois, Orellana volveu a desbordar pola súa banda, o coiro chegoulle a Nolito e o seu remate acabou en saque de esquina. O Celta dominaba xa con claridade a un rival que se vía superado polo ímpetu e a calidade dos celestes.

 

O monólogo celeste era impresionante, o xogo, espectacular. Aos 16 minutos Orellana rematou tras un gran pase de Jonny e desviou como puido o porteiro local. E dous minutos despois, gol anulado por fóra de xogo de Nolito tras unha primorosa xogada no área do Córdoba.

 

O equipo vigués era un auténtico pesadelo para os locais, totalmente superados, aínda que os vigueses, e era o peor, non lograran neste primeiro tramo de partido que a súa superioridade tivese reflexo no marcador.

 

Aos 37 minutos chegou outra espléndida ocasión para os vigueses. Nolito habilitó a Álex López no área pequena, o canterano controlou con maestría, pero rematou alto. Foi a última oportunidade clara para un Celta moi superior ao seu rival e que mereceu chegar ao descanso cunha clara vantaxe.

 

Trala reanudación, por fin, o Celta púxose por diante. Aos 6 minutos, gran pase de Nolito cara a Orellana, quen arrincou cara a dentro e marcou  coa esquerda.

 

Tralo tanto, o Córdoba deu un decidido paso adiante en busca de restablecer un empate que lles sabía a gloria. E logrouno aos 14 minutos tras un rexeite que lle caeu a Fede.

 

O partido toleou despois, moitísimo ida e volta e un Celta que enseguida retomou o seu empuxe e volveu xerar aproximaciones perigosas.

 

Ao final, un punto que sabe a pouco dada a superioridade mostrada na primeira metade e as boas ocasións xeradas.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-Córdoba: Juan Carlos, Gunino, Pantic, Iñigo López, Pinillos, Rossi, López Garai (Ekeng, min.71), Ryder (Borja García, min.46), López Silva, Fede y Mike (Xisco, min.77)

 

1-R.C.Celta: Sergio, Jonny, Cabral, Fontás, Planas, Radoja, Krohn-Dehli, Álex López (Augusto, min.63), Orellana, Nolito (Pablo Hernández, min.84) y Larrivey (Charles, min.76)

 

Goles: 0-1, min.51: Orellana; 1-1, min.59: Fede

 

Árbitro: José Antonio Teixeira Vitienes, del comité cántabro. Amonestó a Jonny, Cabral, Radoja, Ekeng

Campo: El Arcángel 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas