ESCUDO-1300x400-02
O Club

Carlos Mouriño e A Sede, anfitrións do “Desafío CEO” do Círculo de Empresarios de Galicia

RC Celta

O edificio A Sede do RC Celta acolleu este martes o encontro empresarial “Desafío CEO”, unha iniciativa de Improven e do Círculo de Empresarios de Galicia, que contou co presidente celeste Carlos Mouriño como anfitrión.

A xornada, que tivo como obxectivo realizar unha posta en común sobre os retos dos directivos ante un escenario global incerto, contou con destacados CEOs de todos os sectores de Galicia e coa presenza do presidente do Círculo e do Grupo Rodman, Manuel Rodríguez, quen agradeceu a Carlos Mouriño a oportunidade de realizar o encontro na sede do club vigués.

A cita pechouse cun percorrido pola Sede e unha foto de familia na terraza do edificio A Sede, coas espectaculares vistas da Ría de Vigo como pano de fondo. O RC Celta non é só unha referencia polo seu proxecto futbolístico e de canteira, senón tamén pola xestión empresarial que vén realizando durante máis dunha década. Acoller encontros de referencia como o “Desafío CEO” referendan a excelente reputación e posición do club vigués, máis aló do deportivo, no ámbito empresarial.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas