Ana Toubes, primeira xogadora de As Celtas

A dianteira, Ana Toubes Opazo (2004), convértese na primeira fichaxe de As Celtas. Internacional coas categorías inferiores da Selección Española sub16 e sub17 en tres ocasiones, a ourensá pasou polo Pabellón Ourense, CD Valladares e UD Mos antes de aterrar no cadro feminino celeste. O club móstrase ilusionado por esta primeira incorporación a As Celtas … Continuación

Fredi Álvarez renova por dúas tempadas

Fredi Álvarez continuará ligado ao club celeste por dúas tempadas máis. O adestrador moañés, quen actualmente dirixe á Celta Fortuna, demostrou a súa valía e compromiso ao dirixir ao equipo nunha notable campaña que levou ao filial a ocupar postos de playoff. Fredi asina por dúas campañas na estrutura do club e comezará esta nova … Continuación

Vicky Vázquez: “As Celtas é un proxecto moi ilusionante”

Esta mañá, o Salón Regio de A Sede acolleu a rolda de prensa de presentación da nova adestradora de As Celtas: Vicky Vázquez. A viguesa encargada de adestrar ao primeiro equipo feminino do RC Celta deuse a coñecer aos medios para explicar este novo proxecto do club, que comezará a próxima tempada 24/25. https://www.youtube.com/live/ddhFHbkNscY?si=0yhLhzotmBSE3rNH

Presentación de “Herdeiros”, a Campaña de Abonados 24/25 do RC Celta

Esta mañá, o Salón Regio de A Sede acolleu a presentación de "Herdeiros", a Campaña de Abonados do RC Celta para a tempada 24/25. David González, director da área Celtista, foi o encargado de expoñer este novo proxecto, dirixido a fortalecer o vínculo entre o club e o celtismo. Durante a reunión cos medios, David … Continuación

Chega o carné que une á familia celeste

O RC Celta lanza esta tempada unha proposta moi especial, ideada para unir a todos os celtistas alá onde estean. Baixo o lema "Herdeiros", nace o Carné Celtista, que permite que aqueles que desexan formar parte da familia celeste, pero que por motivos económicos, laborais ou de distancia non poden asistir regularmente aos partidos, poidan … Continuación

Oliveira dos Cen Anos triunfa no prestixioso Festival El Sol

Oliveira dos Cen Anos,  o himno do centenario do RC Celta, continúa levantando paixóns e recollendo os froitos do inmenso traballo que houbo detrás da súa produción. Neste caso, logrou alzarse co Gran Premio de Ouro en Brand Content e Premio Platino á mellor campaña Iberoamericana no prestixioso Festival El Sol. Uns premios que reivindican … Continuación

Adidas e o RC Celta separan os seus camiños tras once anos de colaboración

Adidas e o RC Celta acordamos mutuamente terminar co patrocinio ao final da tempada 2023/2024. Tanto Adidas como o RC Celta estamos moi agradecidos por facer desta unha longa e exitosa colaboración, con grandes momentos vividos nas últimas 11 tempadas, entre eles a recente celebración do Centenario do RC Celta co club, xogadores, veteranos e … Continuación

O RC Celta ultima o seu Organigrama Corporativo para potenciar a conexión coa comunidade desde a súa Área Celtista, consistencia económica e crecemento local e global

O RC Celta continúa traballando na elaboración do novo organigrama do club, unha das tarefas clave que iniciou Marián Mouriño á súa chegada á presidencia. Esta ampla remodelación avanza cara á súa fase final coa incorporación de Alfredo Alcántara como director de Operacións e Negocio e o regreso á entidade celeste de Juan Capeáns como … Continuación

Abanca Balaídos réndese a As Celtas

Durante o último partido en casa entre o RC Celta e o Athletic Club de Bilbao, o celtismo vibrou ao unísono para dar a máis cálida das benvidas a As Celtas. Antes do inicio do encontro, o club presentou oficialmente o novo proxecto de fútbol feminino que arrincará a próxima campaña. A través dunha lona … Continuación

Xa están aquí! A familia celtista recibe unida a “As Celtas”, o proxecto de fútbol feminino do RC Celta

O RC Celta viviu o xoves unha tarde para o recordo no evento de presentación do esperado proxecto de fútbol feminino do club. O anuncio do novo equipo celeste, “As Celtas”, ante os máis de 2.000 asistentes, selou un momento histórico que quedará gravado no corazón de todos os celtistas. O acto tivo lugar no … Continuación