“O segundo que farei”

Cantar a capela o himno antes do inicio dun encontro, empuxar e apoiar ao equipo nos momentos máis difíciles, gritar con fervor un gol celeste... Nas últimas semanas a crise sanitaria causada polo Covid-19 provocou que a afección do RC Celta, a mellor de España durante a última tempada, tivera que aparcar moitas das emocións … Continuación

Pesar no RC Celta polo falecemento de Carlos Núñez Gayoso

Loito e consternación na familia celeste polo falecemento de Carlos Núñez Gayoso, abonado número 43 do RC Celta, coñecido adestrador no baloncesto vigués e expresidente do Ademar. O club quere enviarlle o seu máis sincero pésame, agarimo e ánimo aos seus familiares e achegados. DEP.

RC Celta e Fundación súmanse á ‘operación quilo online’ do Banco de Alimentos de Vigo

O estado de alarma polo COVID-19 condicionou o desenvolvemento de campañas solidarias que requirían unha participación presencial, pero estas limitacións non representan un obstáculo cando a ilusión e a vontade de colaborar son firmes. É o caso do Banco de Alimentos de Vigo, que, lonxe de desistir, abriu un novo camiño para axudar ás persoas … Continuación

Denis Suárez e Brais Méndez participarán nun torneo solidario da FIFA20 organizado por ABANCA

Os xogadores Brais Méndez e Denis Suárez participarán o próximo fin de semana nun torneo benéfico do videoxogo FIFA20 organizado por ABANCA. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) abriu en ABANCA a conta ES23 2080 0388 2231 1000 3170 para recibir as doazóns das persoas que queiran colaborar con esta causa solidaria e que lles … Continuación

Comunicado do RC Celta

O RC Celta, tratando de actuar coa máxima coherencia e responsabilidade, dá un importante paso para afrontar coas maiores garantías posibles o suposto de que a competición de Liga non se poida retomar. O club pechou hoxe un acordo de redución salarial cos integrantes do corpo técnico e xogadores do primeiro equipo e do filial … Continuación

O RC Celta e a súa Fundación entregan ao Sergas un segundo lote e supéranse xa as 300.000 unidades de material sanitario

RC Celta e Fundación envorcáronse desde o inicio da crise sanitaria na colaboración con institucións e colectivos implicados na loita contra o COVID-19 e con as entidades dedicadas á protección dos grupos de poboación máis desfavorecidos. O compromiso coa sociedade de ambas entidades celestes, unha dos seus grandes acenos de identidade, reforzouse estas últimas semanas … Continuación

O RC Celta aporta a súa experiencia nunhas xornadas ‘online’ sobre a situación de confinamento

Álex Andújar, preparador físico do primeiro equipo, e Eduardo Covelo, director da canteira celeste, forman parte do cadro de relatores que participarán na PAC (Programa de Achega de Coñecementos) para a adaptación á situación de confinamento que organiza a Federación Galega de Piragüismo. Os profesionais que interveñen nesta acción achegarán a súa experiencia e información … Continuación

‘LaLigaSantander Fest’ une música e deporte para vencer ao COVID-19

A prórroga do estado de alarma decretado polo Goberno a causa do COVID-19 supón que os españois deban permanecer, polo menos, tres semanas máis sen saír dos seus fogares. Neste contexto, LaLiga, en colaboración con Banco Santander, Universal Music e o resto dos seus patrocinadores, xogadores, clubs, artistas e GTS, puxeron en marcha a iniciativa … Continuación

EN DIRECTO | Rolda 1 de la Ultimate Quaranteam Cup

Pablo Zamorano (xCooCa), gamer oficial do RC Celta, estréase na Ultimate Quaranteam Cup, o torneo solidario de FIFA20 organizado polo club inglés Leyton Orient. O club vigués mídese na primeira rolda ao DC United, conxunto dos Estados Unidos. O campionato conta con máis dun centenar de equipos de todo o mundo!

Pesar no RC Celta polo pasamento do ex xogador celeste Máximo Hernández

Pesar na familia celeste polo falecemento nas últimas horas de Máximo Hernández (Madrid, 1945), xogador do RC Celta entre os anos 1968 e 1970. O club vigués desexa trasladar o máis sentido dos pésames a tódala súa familia e amigos. D.E.P.