UEL | O soño continúa: regreso a cuartos da Europa League dezaseis anos despois

  RESULTADO: KRA 0-2 CEL (1-4)   O Celta segue soñando. Dezaseis anos despois, o club galego regresa aos cuartos de final da Europa League. Faino ademais tras certificar a clasificación con dúas dianas asinadas por xogadores formados na canteira celeste: Hugo Mallo e Iago Aspas. Noite histórica para o RC Celta, que este venres … Continuación

UEL | O KRC Genk, rival do Celta nos 1/4 de Europa League

  O Celta medirase ao KRC Genk nos cuartos de final da UEFA Europa League. O sorteo celebrado este venres en Nyon emparellou aos celestes co conxunto belga. O partido de ida celebrarase en Balaídos o 13 de abril e o de volta en Genk o 20, ambos ás 21:05 horas.   O KRC Genk … Continuación

LIGA | Deportivo-Celta: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou aos 23 xogadores dispoñibles para o partido deste domingo ante o RC Deportivo (18:30, Riazor).   A listaxe completa fórmana: Sergio, Iván, Hugo Mallo, Fontàs, Pape, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Beauvue, Lemos, Jozabed, Hjulsager, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Señé, Roncaglia e Rossi.   Marcelo Díaz … Continuación

Guidetti retirouse lesionado do derbi galego

  O dianteiro celeste John Guidetti retirouse do terreo de xogo ao comezo do derbi galego ante o Deportivo por molestias na perna dereita. O internacional sueco sofre unha posible escordadura do ligamento lateral interno do xeonllo dereito, diagnóstico pendente de confirmación.

LIGA | O Celta gaña o derbi galego e completa unha semana de ilusión (0-1)

  O Celta levou o segundo derbi galego da tempada cun tanto de Iago Aspas na recta final do segundo tempo. Foi un partido pouco vistoso e sen ocasións, pero controlado sen apenas problemas polos celestes, quen acapararon a posesión do balón. Máxima efectividade dos vigueses que, cun triunfo pola mínima, reafírmanse como reis do … Continuación

Nove celestes concéntranse dende este luns coas súas seleccións

  Nove internacionais celestes concéntranse desde este luns coas súas seleccións, incluído John Guidetti. O atacante lesionouse no derbi galego pero, igualmente, integrarase na disciplina da Selección de Suecia. Os médicos suecos, en permanente contacto cos servizos médicos do RC Celta, supervisarán a doenza do xogador.   A nómina de internacionais célticos complétana Iago Aspas, … Continuación

LIGA | Confirmados os horarios ante Granada e Betis

  LaLiga comunicou os horarios correspondentes ás xornadas 32 e 33 do campionato. O Celta visita o campo do Granada CF o domingo 16 de abril ás 20:45 e recibe ao Real Betis o domingo 23 ás 16:15. Ambos os partidos retransmitiranse en directo por beIN Sports LaLiga.    

Confírmase o diagnóstico inicial da lesión de Guidetti

  O dianteiro do RC Celta John Guidetti sofre, tal como diagnosticaron os servizos médicos do club, unha escordadura do ligamento lateral interno do xeonllo dereito, lesión producida durante os primeiros minutos do derbi do pasado domingo.   O xogador desprazouse a Estocolmo para ser examinado polos médicos da Selección de Suecia, que xa foran … Continuación

O corpo técnico programa unha sesión de pádel para este xoves

  Aproveitando o parón ligueiro desta semana, o corpo técnico decidiu cambiar o adestramento deste xoves por unha xornada lúdica e de convivencia. Xogadores e técnicos gozarán dunha sesión de pádel nunhas instalacións de Vigo antes do catro días de descanso programados. O equipo retomará os adestramentos o martes 28 ás 10:30 na Madroa.

O Celta cambia o balón pola raqueta por un día

  Aproveitando o parón ligueiro e a ausencia dun bo puñado de xogadores convocados polas súas seleccións, o corpo técnico celeste decidiu cambiar o adestramento deste xoves por unha sesión de pádel. Xogadores e técnicos esquecéronse do fútbol por un día para divertirse raqueta en man.