Villarreal – RC Celta: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 21 xogadores para o partido da trixésimo quinta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Villarreal (domingo, 18:30, La Cerámica). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Ferreyra, Juncà, Aidoo, Aarón Martín, Kevin Vázquez, … Continuación

O RC Celta viaxa a Villarreal coa única intención de conseguir a vitoria

Partido moi complicado o que afronta o RC Celta este domingo. O equipo celeste viaxa a Castellón para medirse ao Villarreal, sexto clasificado e flamante finalista da Europa League tras superar o pasado xoves ao Arsenal. Os de Eduardo Coudet, xa coa salvación matemática, queren continuar a súa boa serie de resultados ante un dos … Continuación

Hugo Mallo recibe a alta médica e estará ante o Villarreal

A pesar de que o partido ante o Levante trouxo catro baixas de xogadores celestes, a enfermaría respira un pouco coa alta médica de Hugo Mallo, que completou con normalidade o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. O capitán do RC Celta estará a disposición de Eduardo Coudet para o partido do próximo domingo … Continuación

Tapia e Murillo sofren roturas fibrilares e Aidoo e Aspas lesións de menor relevancia

A vitoria ante o Levante do pasado venres conlevou a permanencia matemática e a décima tempada consecutiva en Primeira División, un gran logro alcanzado con meritoria antelación. Pero tamén un doloroso ‘parte de guerra’ con catro xogadores aqueixados de dolencias musculares. As probas realizadas polos servizos médicos do club revelan que o RC Celta perderá … Continuación

O RC Celta mostra a súa mellor versión e vence ao Levante con autoridade (2-0)

Por fin chegou a ansiada permanencia matemática. O RC Celta venceu ao Levante con autoridade e asegura definitivamente a súa participación en Primeira División por décima tempada consecutiva. Brais Méndez e Augusto Solari marcaron os goles. O Celta arrincou o encontro con moita forza, incisivo en ataque e seguro atrás. Até dúas ocasións claras logrou … Continuación

Catro lesionados no partido ante o Levante

A vitoria ante o Levante trouxo moi malas noticias na enfermaría celeste. Até catro xogadores tivéronse que retirar do campo antes de tempo por diferentes problemas musculares. Renato Tapia sofre unha lesión no bíceps femoral da súa perna esquerda e Jeison Murillo unha lesión no recto anterior esquerdo. Ambos os casos poden ser roturas fibrilares. … Continuación

RC Celta – Levante UD: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 20 xogadores para o partido da trixésimo cuarta xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Levante UD (venres, 21.00, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Araújo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Ferreyra, Tapia, Juncà, Aidoo, Aarón Martín, Kevin Vázquez, … Continuación

O RC Celta sela a súa continuidade na elite e disputará a súa 10ª tempada seguida en Primeira División

O camiño non foi sinxelo, sobre todo no inicio, pero o RC Celta conseguiu selar con catro xornadas de antelación a súa permanencia en Primeira División. A próxima será a décima campaña consecutiva na elite do fútbol español, un refacho que o club tan só conseguiu alcanzar noutras dúas ocasións. Para albiscar a dimensión deste … Continuación

Hugo Mallo sofre molestias no bíceps femoral da súa perna esquerda

O capitán celeste Hugo Mallo tivo que retirarse ao pouco de iniciar o partido ante Osasuna por unhas molestias musculares no bíceps femoral da súa perna esquerda. O lateral de Marín será sometido a probas médicas nos próximos días para determinar o alcance exacto da lesión.  

Un gran RC Celta imponse a Osasuna e respira tranquilidade (2-1)

O RC Celta conseguiu unha importante vitoria ante Osasuna (2-1) nun partido que dominaron desde o asubío inicial e no que Iago Aspas e Jeison Murillo anotaron os goles celestes. Empezou dominando o partido o RC Celta sabedor da importancia que tiña levar a iniciativa. Cun fútbol rápido, aos poucos foron acumulando chegadas á área … Continuación