Horarios da canteira do RC Celta (11, 12 e 13 de marzo)

Despois do amigable do Infantil A este venres ás 19:15 na Madroa ante Escola Fútbol DSF, a fin de semana da canteira comezará este sábado cun dobre enfrontamento ás 10:00. Por unha banda, o Infantil B recibe na Madroa á UD Comeseña na xornada 21, mentres que o Benxamín B visita Pardellas para medirse á … Continuación

Resultados da cantera do RC Celta (5 e 6 de marzo)

A fin de semana da canteira comezaba o sábado co triunfo (7-0) do Infantil A ante a UD Atios para ampliar ata os cinco puntos o seu liderado en Liga Galega, mentres que os equipos alevíns medíanse a domicilio ante ED Val Miñor (1-1) e San Miguel CF (1-4) para sumar 23 e 27 puntos, … Continuación

Horarios da canteira do RC Celta (5 e 6 de marzo)

A fin de semana da canteira comezará este sábado coa vixésimo terceira xornada de Liga Galega para un Infantil A que recibe na Madroa á UD Atios ás 10:30. Máis tarde chega a novena xornada dos equipos alevíns, que xogan a domicilio ante ED Val Miñor (12:20, Condomínguez) e San Miguel CF (11:15, A Pirucha). … Continuación

Resultados da canteira do RC Celta (25, 26 e 27 de febreiro)

A fin de semana comezaba o venres coa oitava xornada de liga para o Benxamín B, que venceu por 0-6 á AD Montecastelo; ao día seguinte, este equipo disputou o encontro aprazado da xornada 4 ante o Sporting Guardés na Sangriña, pechando a fin de semana con 22 puntos. O sábado arrincaba cos triunfos dos … Continuación

O Xuvenil A clasifícase a cuartos de final da Copa do Rey Xuvenil tras eliminar ao Málaga CF

O sorteo dos oitavos da Copa do Rey Xuvenil deparou unha esixente viaxe do RC Celta a terras andaluzas para verse as caras ante o Málaga CF. Un encontro a partido único, disputado nos campos da Federación Malagueña de Fútbol, que iría ao descanso con táboas no marcador despois dunha primeira parte moi igualada. Con … Continuación

Resultados da canteira do RC Celta (19 e 20 de febreiro)

A fin de semana da canteira comezou o sábado na Madroa cos triunfos de Alevín A (vs UD Mos) e Benxamín B (vs Oiense CF) para sumar 19 e 16 puntos, respectivamente, mentres que o Benxamín A alcanzou os 18 puntos tras derrotar á UD Mos en As Baloutas. Máis tarde, o Infantil B derrotou … Continuación

Horarios de la cantera del RC Celta (19 y 20 de febrero)

A fin de semana da canteira comezará este sábado ás 10:00 coa sexta xornada da segunda fase para Alevín A e Benxamín B, que reciben na Madroa a UD Mos e Oiense CF, respectivamente. Tamén se enfronta á UD Mos o Benxamín A, aínda que no seu caso visita As Baloutas ás 11:00. Máis tarde, … Continuación

Resultados da canteira do RC Celta (12 e 13 de febreiro)

A fin de semana da canteira comezou o sábado cos triunfos de Alevín B (4-0 ante Rápido Pereiró CF) e Benxamín A (3-0 ante AD Vila do Corpus) na Madroa para sumar 18 e 15 puntos, respectivamente, mentres que o Benxamín B venceu no Federativo de Coya ao SR Casabranca e suma 13 puntos. A … Continuación

Horarios da canteira do RC Celta (12 e 13 de febreiro)

A fin de semana da canteira comezará este sábado ás 10:00 coa sexta xornada da segunda fase para Alevín B e Benxamín A, que reciben na Madroa a Rápido Pereiró CF e AD Vila do Corpus, respectivamente. Mesma xornada para un Benxamín B que visita ao SR Casablanca no Federativo de Coia ás 11:00. Pola … Continuación

Resultados da canteira do RC Celta (5 e 6 de febreiro)

A fin de semana comezou o pasado sábado ás 10:00 coa vitoria do Alevín A ante o CD Choco en Santa Mariña, despois de vencer ao Rápido de Bouzas o pasado xoves (9-0 na Madroa), ademais de empatar este domingo ante o SC Braga (4-4) nun amigable. Ante o conxunto portugués tamén xogou o Benxamín … Continuación