Rubén Albés non seguirá no Celta B

Rubén Albés, adestrador do Celta B cuxo contrato expira o próximo 30 de xuño, non continuará no club a próxima tempada. O RC Celta quere expresarlle o seu sincero agradecemento pola súa extraordinaria labor, profesionalidade e compromiso á fronte do filial nas dúas últimas campañas. O club deséxalle un gran éxito na súa nova etapa … Continuación

Eduardo Covelo dirixirá a canteira do RC Celta

A canteira do RC Celta, pedra angular do proxecto do club, presentará para a próxima tempada diversas novidades. Trala integración de Carlos Hugo García no corpo técnico do primeiro equipo e a súa nova labor como formador de adestradores, Eduardo Covelo asumirá o cargo de director. Covelo desempeñou nos últimos anos o posto de responsable … Continuación

Un gran Celta B certifica a permanencia cunha vitoria en Alcoy (0-1)

Gran eliminatoria e espléndido último partido en Alcoy para selar a permanencia. O Celta B xogará unha tempada máis na categoría de bronce trala súa vitoria esta tarde ante o Alcoyano nun partido no que os celestes puxeron calidade, esforzo, oficio e determinación. Apeh anotou no desconto o tanto do triunfo celeste. O Celta B … Continuación

Alcoyano – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para a volta do playout pola permanencia en 2ªB ante o Alcoyano (domingo, 18:00, El Collao). Jacobo, Aarón Rey, Mancebo e Solís son baixas por lesión.

David Vilán e Miguel Rodríguez, convocados coa Sub-16

Gran alegría no RC Celta e a Fundación pola convocatoria dos canteiráns Miguel Rodríguez e David Vilán coa Selección Española Sub-16. Os dous xogadores cadetes disputarán co combinado nacional un dobre partido ante a selección austriaca os próximos 4 e 6 de xuño. Ambos futbolistas xa foron citados pola Sub-16 en anteriores ocasións ao longo … Continuación

O RC Celta B toma vantaxe no playout ante o Alcoyano (1-0)

O RC Celta B impúxose no encontro de ida do playout de Segunda B ante o Alcoyano (1-0) nun partido dominado de principio a fin polos xogadores dirixidos por Rubén Albés. Un gol de cabeza de Apeh mediado o segundo tempo puxo en vantaxe aos celestes, que puideron ampliar a diferenza no tramo final. FICHA … Continuación

RC Celta B – Alcoyano: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para a ida do playout pola permanencia en 2ªB ante o Alcoyano (domingo, 12:00, Barreiro). Jacobo, Aarón Rey e Mancebo son baixas por lesión e Ibán Salvador é baixa por sanción. O club lembra que para este encontro non haberá entradas á … Continuación

Rubén Albés: “O Celta B ten a fortaleza para superar a eliminatoria”

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, atendeu aos medios de comunicación antes da transcendental eliminatoria pola permanencia en 2ªB que enfrontará aos celestes ao Alcoyano. Este domingo ás 12:00, partido de ida en Barreiro. O club lembra que non haberá entradas á venda debido á alta expectación e o dereito dos abonados celestes a … Continuación

O canteirán Sergio Carreira debuta nunha convocatoria da Sub-19

O canteirán Sergio Carreira, futbolista do Xuvenil A e do RC Celta B, foi chamado por primeira vez pola Selección Española Sub-19 para uns adestramentos oficiais que se celebrarán no Albir (Alacante) a próxima semana. Estes adestramentos determinarán que xogadores acudirán ao próximo Campionato Europeo da UEFA da categoría que se celebrará en Armenia entre o 14 e … Continuación

O RC Celta B xogará a ida do playout de Segunda B o domingo ás 12.00

O RC Celta B afronta este domingo ás 12:00 horas en Barreiro o encontro de ida do playout pola permanencia de Segunda División B. O filial celeste recibe ao Alcoyano nun partido crucial para tentar conseguir o obxectivo da permanencia. A gran expectación que causou o encontro e o feito de que todos os abonados … Continuación