O Infantil B coróase no Gyeongju International Youth Tournament

O Celta Infantil B proclamouse campión do torneo internacional de Gyeongju (Corea do Sur) ao superar aos Santos FC brasileiro na final. Os vigueses fixéronse co trofeo na quenda de penaltis, tras empatar 1 a 1. Os éxitos tamén chegaron no plano individual. Marcos González foi elixido Mellor Porteiro da competición e Óscar Marcos, o … Continuación

Soberbio debut ligueiro do Celta B ante o Guijuelo (3-0)

O Celta B estreouse ao grande na nova tempada de Segunda División B. Os celestes recibían na primeira xornada ao Guijuelo, un rival sempre complicado e ante o que os celestes mostraron a súa mellor versión. Sólidos en defensa e incisivos en ataque durante o noventa minutos, os de Rubén Albés asinaron un completísimo encontro … Continuación

Celta B – Guijuelo: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 20 xogadores para o primeiro partido da tempada 2018/2019 no que o conxunto celeste medirase ao CD Guijuelo  en Barreiro (domingo, 12:00 horas). A lista fórmana Iván Villar, Fran, Farrando, Ros, Alende, Pampín, Riki, Rai Marchán, Dani Molina, Solís, Álex Serrano, Dani Vega, Jacobo González, Iban … Continuación

O Celta B pecha a pretempada cun gran triunfo na súa presentación

O Celta B presentouse ante o público de Barreiro este domingo cun gran triunfo ante o Alondras por 4-2 co que pon punto e final á pretemporada. O filial celeste adiantouse desde o punto de penalti nada máis comezar o partido. Ían Salvador provocouno e executouno con acerto. Apenas un minuto despois, os visitantes empataron, … Continuación

Os canteiráns do once de ouo D.O. Celta, invitados de excepción ante o Espanyol

O debut ligueiro do RC Celta na tempada 2018/19 tivo a once espectadores de excepción: os canteiráns celestes que conforman o "Once de Ouro Denominación de Orixe Celta". D.O. Celta é un innovador sistema de valoración de xogadores deseñado e utilizado polas categorías inferiores do RC Celta. Este método de avaliación non só ten en … Continuación

Os xogadores do Celta Integra colaborarán coma recollepelotas en Barreiro

A Fundación Celta continúa traballando con especial ilusión no proxecto Celta Integra, o equipo celeste para xogadores de o colectivo DEI (persoas con discapacidade intelectual). Esta iniciativa xa traspasou o deportivo no verán co apoio diario do persoal nos campus de verán da Fundación Celta e, agora, dá un novo paso. Os compoñentes do Celta Integra … Continuación

O porteiro Iván Villar terá ficha co filial esta tempada

O canteirán Iván Villar, quen a pasada tempada xogou cedido no Levante UD, adestrará co primeiro equipo pero terá ficha do Celta B durante a tempada 2018/19. Así o anunciou este venres o adestrador celeste Antonio Mohamed, quen revelou a conversación que mantivo co gardameta galego: «Se queres ir a outro lugar para ser suplente … Continuación

O Celta B preséntase ante a afección este domingo ás 12:00 en Barreiro

O Celta B disputa este domingo ás 12:00 en Barreiro o seu último partido de preparación antes do inicio da Segunda División B. Será un amigable ante ao Alondras, con entrada gratuíta para todos os afeccionados, que servirá como presentación oficial do equipo ante o celtismo. O club anima a todo o celtismo a acudir … Continuación

O Celta B perde pola mínima no Trofeo Illa de Arousa (2-1)

O Celta B caeu pola mínima ante o Céltiga no Trofeo Illa de Arousa. Víctor Pastrana adiantou aos celestes ao comezo do segundo tempo, pero os locais lograron dar a volta ao marcador cun penalti ao fío do asubío final. O filial celeste disputará o seu último encontro de preparación este domingo 19 de agosto … Continuación

Soberbio partido do Celta B ante o Tenerife de Segunda División (0-0)

O Celta B de Rubén Albés asinou un excelente partido ante o CD Tenerife. Os celestes disputaron ante o conxunto insular o Trofeo Teide, que finalizou con empate sen goles e decantouse a favor do cadro local nos penaltis. O filial céltico xogou de ti a ti ante un rival de Segunda División e puxo … Continuación