O alirón ligueiro do Alevín A destaca na fin de semana da canteira celeste

Bo fin de semana para a canteira celeste, no que sobresae o primeiro equipo basee céltico en proclamarse campión ligueiro esta tempada, o Alevín A. Co tres puntos cultivados ante o EF Lalín, os Sub-12 da Madroa son matematicamente donos do título ligueiro a falta de catro xornadas. Tamén saboreou o éxito o Cadete B … Continuación

Un Celta B desatado: cuarta vitoria consecutiva e a un punto do playoff (0-1)

Xenial xeira de resultados do Celta B. Os de Rubén Albés levaron o derbi vigués ante o Coruxo cun gol temperán de Juan Hernández, no minuto 8. O partido estivo condicionado polo estado do terreo de xogo de O Vao, encharcado pola incesante choiva dos últimos días. Foi un choque atractivo no que os celestes … Continuación

Brais Méndez: “O gol de San Mamés dediqueillo ao meu avó”

O canteirán Álex Vila suma a súa cuarta convocatoria coa Sub-16

Álex Vila, xogador do Cadete A, consolida a súa presenza na Selección Española Sub-16 coa súa cuarta convocatoria consecutiva. O defensa celeste foi chamado polo seleccionador nacional para participar nos adestramentos oficiais que o combinado español realizará en Las Rozas (Madrid) do 9 ao 11 de abril. Vila estreouse nunha lista da Sub-16 o pasado … Continuación

Pampín, operado da fisura do quinto metatarsiano, entre 8 e 10 semanas de baixa

O lateral celeste Diego Pampín foi operado este martes de xeito satisfactorio da fisura no quinto metatarsiano do pé dereito que sufriu no partido ante o Racing de Ferrol disputado o pasado 17 de marzo. O canteirán celeste permanecerá de baixa entre 8 e 10 semanas. O club deséxalle unha pronta e completa recuperación.

Destacado papel da canteira celeste nos torneos de Semana Santa

A canteira do RC Celta pechou a Semana Santa cun bo puñado de éxitos en torneos rexionais, nacionais e internacionais. O Cadete A en o Cesaraugusta, o Cadete B no MIC Football, o Alevín B na Oviedo Cup e o Benxamín B nos torneos de Louro e Cangas, alzáronse cos títulos de campións tras exhibir, … Continuación

O Celta B supera con orde e ambición ao líder en Barreiro (3-0)

O Celta B sumou ante o líder da categoría a súa terceira vitoria consecutiva tras unha exhibición de orde, rigor e ambición. O filial defendeu con gran solvencia e atacou con intelixencia para superar a un bo Raio Majadahonda, que se quedou en inferioridade na segunda metade pero non baixou os brazos e empregouse con … Continuación

Celta B-Majadahonda: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou aos xogadores dispoñibles para o partido deste domingo ante o Rayo Majadahonda (Barreiro, 12:00 horas) correspondente á xornada 32 de Segunda División B. A listaxe fórmana: Jero, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Serrano, Tià, Franco Lobos, Dani Molina, Alomerovic, Juan Hernández, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Drazic … Continuación

O Celta B suma un valioso triunfo ante o RM Castilla en Valdebebas (0-1)

O Celta B logrou unha traballada vitoria esta noite en Valdebebas ante o RM Castilla, ao que derrotou grazas a un tanto de Drazic na primeira metade. Os celestes defenderon con orde e determinación e contragolpearon con perigo. O encontro deixou, ademais dun valioso triunfo, o regreso de Diego Alende trala súa lesión.

Castilla-Celta B: Convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Real Madrid-Castilla (Alfredo Dei Stéfano, 20.30 horas) correspondente á xornada 31 de Segunda División B. A lista fórmana: Sotres, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Rai, Serrano, Dani Molina, Juan Hernández, Agus, Brais, Pastrana, Aarón, Roigé, Drazic … Continuación