A canteira celeste, presente na Benfica Youth Scouting Conference 2018

O RC Celta e a súa canteira estiveron presentes o pasado 4 de marzo en a Benfica Youth Scouting Conference, un evento internacional organizado polo SL Benfica que reúne a profesionais da captación de novos talentos futbolísticos. Diego Santos, membro da área de canteira do RC Celta, participou cunha exposición-coloquio sobre a observación de futbolistas en … Continuación

Diego Pampín estréase na selección Sub-19 e Alomerovic repite na Sub-21

Os dous laterais esquerdos do Celta B, Diego Pampín e Din Alomerovic, continúan apontoando a súa traxectoria internacional. O canteirán Pampín foi convocado coa selección Española Sub-19 para os adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará desde hoxe e ata o vindeiro mércores na Cidade do Fútbol de Las Rozas. Pola súa banda, Alomerovic foi … Continuación

O Celta B supera ao líder cunha exhibición de ‘afouteza e corazón’ (2-1)

Extraordinario partido do Celta B ante o primeiro clasificado do Grupo 1, o Fuenlabrada. Os de Albés non só tutearon ao líder, senón que se fixeron co dominio do choque segundo avanzou o cronómetro e, con goles de Agus e Molina, selaron unha vitoria chea de 'afouteza e corazón'. Os visitantes adiantáronse ao vinte minutos … Continuación

O Xogador Definitivo con Brais Méndez

Derrota pola mínima do Celta B en Toledo (1-0)

O triunfo continúa sendo esquivo para o Celta B lonxe de Barreiro. Os celestes caeron pola mínima no campo do Toledo este domingo a pesar de comezar dominando o partido e de gozar dun bo puñado de ocasións para polo menos puntuar. Os locais adiantáronse no minuto 37 do primeiro tempo, cederon o esférico ao … Continuación

Toledo-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 27 de Segunda División B ante o Toledo (domingo, 12:00, Salto del Caballo). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Kevin, Robert, Ros, Pampín, Riki, Rai, Serrano, Molina, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Juan Hernández, Drazic e Dennis. Solís e Alende … Continuación

O Celta alcanza os cuartos da U13 Intercontinental Football Cup de Dubai

Espectacular participación do Celta Infantil B na esixente competición Sub-13 International Fotball Cup de Dubai. Os celestes alcanzaron os cuartos de final do torneo tras superar na fase de grupos á Canadian Academy Football (3-1), ao Al-Ahly (2-0) e o Sharjah (5-0), este último tamén rival nuns oitavos de final nos que os vigueses gañaron … Continuación

O Celta Infantil B pon rumbo á U13 Intercontinental Football Cup

O Celta Infantil B partiu este martes desde A Madroa cara á cidade emiratí de Dubai, onde participará do 22 ao 24 de febreiro na U13 Intercontinental Football Cup, un torneo internacional de máximo nivel no que se poderá gozar dalgúns dos proxectos de fútbol base máis potentes do planeta. Liverpool, Juventus, Real Madrid ou … Continuación

O Celta B enterra a súa racha cunha goleada ao Cerceda

O Celta B puxo fin a súa racha cunha traballada vitoria ante o Cerceda. Os celestes buscaron con empeño superar a firme barreira defensiva do rival para obter un triunfo que os liberase da ansiedade xerada polos resultados deste 2018. Un gol en propia porta, e dous de Juan Hernández e Dani Molina enterraron a … Continuación

Celta B-Cerceda: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 26 de Segunda División B ante o Cerceda (domingo, 12:00, Barreiro). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Kevin, Robert, Ros, Alomerovic, Iago, Pampín, Riki, Rai, Serrano, Brais, Molina, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Juan Hernández, Drazic e Dennis. … Continuación