O Celta B comeza a segunda volta puntuando fóra da casa (1-1)

O Celta B levou un punto de Pasarón no primeiro partido da segunda volta da Segunda División B. Os celestes adiantáronse mediado o primeiro tempo cun tanto de Juan Hernández e gozaron de ocasións para aumentar a súa vantaxe. Unha das máis claras tívoa Drazic a media hora do asubío final, pero o porteiro local … Continuación

Segue en directo a Copa Celta de Celta Campeche

Segue AQUÍ en directo a Copa Celta de Celta Campeche!

Pontevedra-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores, entre elos o xuvenil Franco Lobos, para o partido da xornada 20 de Segunda División B ante o Pontevedra CF (domingo, 17:00, Pasarón). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández, Franco … Continuación

A II Edición da Copa Celta comeza este xoves en Campeche

Tras unha exitosa primeira edición celebrada o ano pasado, a Copa Celta regresa do 4 ao 7 de xaneiro coa ambición de converterse nun dos grandes eventos deportivos do fútbol basee en México. O torneo organizado por Celta Campeche, unha das escolas internacionais oficiais do club vigués, acollerá durante catro días a 120 equipos e … Continuación

O canteirán Adrián Rodríguez xogará cedido no Rápido de Bouzas

Adrián Rodríguez, dianteiro do Celta B, xogará cedido no Rápido de Bouzas de Segunda División B ata final da tempada 2017/18. O RC Celta desexa ao xogador o maior dos éxitos durante a súa etapa no conxunto aurinegro.

Din Alomerovic, prometedor lateral esquerdo internacional para o Celta B

O Celta B refórzase no mercado invernal cunha nova promesa do fútbol macedonio, o lateral esquerdo Din Alomerovic, de 20 anos de idade e internacional sub-18, sub-19 e sub-20 no seu país. O defensor, que tamén xogou numerosos partidos en posicións máis adiantadas, procede do Fuenlabrada e ofrece unha destacada calidade técnica, gran solvencia en … Continuación

O centrocampista Martín Fuentes desvincúlase do filial celeste

O centrocampista Martín Fuentes non continúa no filial do RC Celta tras desvincularse da entidade celeste. O club quere expresarlle ao xogador o seu sinceiro agradecemento polo seu comportamento, entrega e profesionalidade durante a súa etapa nas categorías inferiores e desexarlle un gran éxito nos seus novos retos deportivos.

Rubén Albés liderará o filial unha tempada máis: renovación ata 2019

O RC Celta aposta pola mocidade e o talento autóctono, tamén nos bancos. O técnico vigués Rubén Albés seguirá dirixindo ao Celta B a próxima tempada tras renovar co club celeste ata xuño de 2019. Xunto a el seguirá como segundo adestrador Toni Madrigal, quen chegou a Vigo con Albés o pasado verán e que … Continuación

Un gol temperán condena ao Celta B en Guijuelo (1-0)

Un gol de Ayala nos primeiros minutos do partido en Guijuelo inclinou a balanza a favor dos locais. Tras un arranque titubeante, no que se viron excedidos polo seu rival, o Celta B tomou o mando transcorridos quince minutos de xogo e non o cedeu ata o asubío final. Os celestes buscaron o gol con … Continuación

Kevin, capitán do Celta B, será baixa dous meses

Kevin Vázquez, capitán do Celta B, foi intervido este xoves pola lesión que sufriu no quinto metatarsiano do seu pé esquerdo durante o derbi ante o Fabril o pasado 25 de novembro. O futbolista celeste estará uns dous meses de baixa médica. O RC Celta desexa a Kevin unha pronta e total recuperación.