O Celta, no Aspire Academy Global Summit xunto ás principais canteiras do planeta

O RC Celta volve participar por segundo ano consecutivo no Aspire Academy Global Summit, un importante congreso que reúne a expertos do mundo do deporte, a ciencia e a representantes das principais canteiras do planeta para debater e compartir coñecementos sobre metodoloxía do fútbol (Football Performance and Science). O director da canteira celeste, Carlos Hugo … Continuación

Pampín consolídase coma un dos grandes valores da Sub-17

O canteirán celeste Diego Pampín vive unha tempada tremendamente especial. Aos seus dezasete anos, realizou a pretempada co primeiro equipo e tivo protagonismo nos distintos encontros de preparación do conxunto de Juan Carlos Unzué, quen o incluiu na recente convocatoria do encontro ante o Alavés. Ademais de ser un fixo no once do Celta B, … Continuación

O Celta B, invicto logo de catro xornadas

O Celta B continúa invicto despois de catro xornadas disputadas no Grupo 1 da Segunda División B. Os celestes estiveron moi preto de levar o tres puntos no campo do Atlético de Madrid B. Riki adiantou aos de Vigo ao comezo do segundo tempo e o cadro local logrou o empate cando o choque chegaba … Continuación

Atlético B – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 4 de Segunda División B ante o Atlético de Madrid B (domingo 10 de setembro, 12:00, Cerro del Espino). A listaxe fórmana Jero, Sotres, Kevin, Ros, Alende, Riki, Rai, Solís, Molina, Sastre, Dennis, Costa, Adrián, Pastrana, Drazic, Agus, Aarón, e … Continuación

A Madroa acollerá a tres novos futbolistas do Reality Show ‘The Victorious’

    No día de hoxe chegaron a Vigo dous do tres concursantes gañadores do programa de televisión de Dubai ‘The Victorious’ para adestrar durante un ano en xunto ás categorías inferiores do RC Celta na Madroa. Ayoub Atib, marroquí de 18 anos e Ahmad El Yamani, palestino de 17 adestrarán durante o próximas tres … Continuación

Valiosa vantaxe do RC Celta Xuvenil ante o Atlético na ida dos cuartos de final de Copa (1-0)

O RC Celta Xuvenil obtivo unha valiosa vantaxe no partido de ida dos cuartos de final da Copa do Rei. Os celestes superaron por un gol a cero, un precioso tanto de Sobrido na segunda metade, ao Atlético de Madrid nun partido intenso no que os célticos dispuxeron de boas ocasións para gozar dunha maior … Continuación