XUVENIL A | O canteirán Pampín regresa á Sub-17

  Santi Denia, seleccionador nacional Sub-17, volve contar co xuvenil celeste Diego Varela Pampín, nesta ocasión para participar nos adestramentos oficiais que o combinado español realizará os días 28, 29 e 30 de novembro na Cidade Deportiva de Las Rozas.   O futbolista xuvenil debutou coa Sub-17 o pasado mes de Setembro nun partido clasificatorio … Continuación

O Celta B lévase o derbi vigués e segue na zona alta da táboa (1-0)

O Celta B, serio, ordenado e ambicioso, superou ao Coruxo no derbi vigués e segue na zona alta da táboa. Partido intenso e disputado que deixou unha nova proba de madurez dos celestes, que dispuxeron de varias ocasións claras para levarse unha vitoria máis ampla. Excelente posta en escena o Celta B no derbi local … Continuación

A canteira celeste comparte o seu método de traballo nunha charla-coloquio de AFAVI

  O responsable de metodoloxía do RC Celta, Eduardo Covelo, participou este luns nunha charla-coloquio organizada por AFAVI (Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo) no Hotel Coia de Vigo. Covelo introduciu aos asistentes nos métodos de traballo que se desenvolven na Madroa e ofreceulles diversas recomendacións de face a aplicar esta metodoloxía, recoñecida como unha … Continuación

O RC Celta reúnese coas familias dos seus canteiráns

  As nais e os pais dos canteiráns do RC Celta reuníronse a pasada semana cos coordinadores do fútbol base celeste nas Instalacións Deportivas da Madroa, uns encontros informativos que tiveron unha gran acollida por parte dos familiares dos xogadores.   As reunións, que contaron coa presenza de Carlos Hugo, Director de Canteira; Joaquín Dosil, … Continuación

O Celta B consolídase na parte alta da táboa

  Tras dúas derrotas consecutivas, o Celta B regresou á senda da vitoria cun solvente 0-2 no campo da UD Somozas. Os de Menéndez dominaron o partido e chegaron ao descanso con vantaxe no marcador grazas a un impresionante tanto de Borja Iglesias, quen regateou a varios defensas antes de bater ao porteiro rival.   … Continuación

En marcha o concurso de postais de Nadal da Fundación Celta e El Corte Inglés

  Desde hoxe xa é posible participar no tradicional concurso de postais de Nadal que organiza a Fundación Celta de Vigo en colaboración co Corte Inglés de Vigo. Este ano, ademais, prepáranse interesantes novidades pensadas para atraer aos máis pequenos. A temática do concurso de postais será o RC Celta e constará como cada ano … Continuación

O Celta B sofre a primeira derrota da tempada en casa

  O Celta B caeu inxustamente derrotado en Barreiro ante o líder da categoría, a Cultural y Deportiva Leonesa. Non foi o mellor partido dos celestes, pero si tiveron as ocasións máis claras. O porteiro do conxunto leonés erixiuse en figura crave para o triunfo leonés, con varias paradas de moito mérito. A Cultural aproveitou … Continuación

O RC Celta aporta a súa experiencia no II Encontro de Canteiras de LaLiga

  O RC Celta foi un dos grandes protagonistas no II Encontro de Canteiras que LaLiga celebrou este venres na súa sede en Madrid. O Celta, único club participante, estivo representado por Carlos Hugo García, director da canteira celeste, e Eduardo Covelo, responsable de metodoloxía, quen expuxeron un relatorio titulado "liñas mestras do departamento de … Continuación

O Celta B cae en Ponferrada tras un mes imbatido

  Os impresionantes resultados do Celta B nesta tempada sufriron unha pausa en Ponferrada, onde este mércores perderon pola mínima nun partido condicionado pola expulsión do central Diego Alende. A Ponferradina adiantouse cun gol de falta ao bordo do descanso. Tras a continuación os de Menéndez entregáronse ao máximo para igualar o marcador, pero a … Continuación

O RC Celta, gran protagonista no II Encontro de Canteiras de La Liga

  A canteira do Real Club Celta gozará este venres dun destacado protagonismo nunha xornada organizada pola LFP sobre Metodoloxía de Adestramento en Categorías Formativas. O RC Celta é o único club que participa como relator nesta xornada enmarcada no II Encontro de Canteiras de LaLiga, o que ratifica a súa condición de referente nesta … Continuación