O Celta B lévase o XVIII Trofeo Vila de Cangas ante o Alondras

  O filial do RC Celta levou este mércores o XVIII Trofeo Vila de Cangas ante o Alondras nun partido que estivo dominado polos celestes. Adrián e Solís foron os autores dos dous tantos que deron o triunfo ao conxunto adestrado por Alejandro Menéndez (0-2).   O Celta B mídese ao Racing Club de Santander … Continuación

O Celta regresa a Corea do Sur para participar por tercera vez no torneo Gyeongju International Youth Football

  A participación do Celta no prestixioso torneo Gyeongju International Youth Football xa é un clásico. O Infantil B partiu na mañá deste mércores desde Peinador cara a Corea do Sur, onde o conxunto vigués asinará a súa terceira participación nesta competición internacional. Os canteiráns afrontarán entre o 27 e o 29 de agosto a … Continuación

O extremo Juan Mera incorpórase ao Celta B

  O Celta continúa reforzando a súa filial coa incorporación do extremo Juan Mera, procedente do Real Sporting de Gijón. O atacante asturiano comprométese co club vigués por unha tempada máis outro tres opcionais. Juan Mera (Xixón, 1993) accedeu ás categorías inferiores do Sporting con tan só dez anos. O xixonés creceu e formouse como … Continuación

O Celta B comeza a tempada puntuando en campo rival

  Un Celta B moi serio e ordenado acariñou a vitoria no campo do Mutilvera. Juan Hernández adiantou aos vigueses mediado o segundo tempo ao rematar con acerto unha boa asistencia de Brais Méndez.   Os celestes gozaron de varias ocasións para aumentar a súa renda goleadora ante un rival batallador. Cando a vitoria xa … Continuación

Pedro Martín xogará cedido no CD Mirandés

  Pedro Martín xogará cedido ata final de tempada no C.D. Mirandés tras o acordo alcanzado por ambos clubes. O dianteiro do Celta B incorpórase deste modo á disciplina do club de Miranda de Ebro, da Segunda División A.   O Real Club Celta deséxalle moito éxito durante esta cesión.

O Xuvenil A finaliza segundo do seu grupo na Peronne Cup

  O Celta Xuvenil A non pelexará polo título da Peronne Cup ao finalizar a primeira fase do torneo como segundo clasificado do seu grupo. Os celestes, que ofreceron unha moi boa imaxe en todos os seus partidos, arrincaron a súa participación no campionato cunha vitoria por 1-0 ante o Feyenoord. O seguinte choque, ante … Continuación

O Celta B gaña ao Rápido no seu último partido de preparación

  O filial do RC Celta disputou este sábado o seu último partido de pretempada. Foi na Madroa, contra o Rápido de Bouzas e finalizou cun novo triunfo para os pupilos de Alejandro Menéndez. A vitoria por 3-1 fraguouse con dúas tantos de Hicham e un de Pedro. O Celta B pon punto e final … Continuación

Triunfo celeste no XLI Trofeo San Roque

  O Celta B alzouse co XLI Trofeo San Roque ao derrotar pola mínima ao anfitrión, o Arousa SC. Os celestes anotaron o gol da vitoria, obra de Joao Camacho, no tempo engadido da segunda parte. O conxunto adestrado por Alejandro Menéndez continúa crecendo en xogo e sensacións e acumula un bo expediente nesta pretempada … Continuación

Remontada e vitoria do filial ante o Céltiga

  O Celta B continúa crecendo nesta pretempada sumando unha nova vitoria no seu sexto partido de preparación. Os vigueses venceron 1-2 ao Céltiga nun partido moi traballado que viviu todos os seus goles no segundo tempo. Os locais adiantáronse no minuto 47 pero o bo traballo dos canteiráns da Madroa tivo a súa recompensa … Continuación

O Xuvenil A supera ao Deportivo no Trofeo Manolo Martín

  O Celta Xuvenil A levou o Trofeo Manolo Martín ante o Deportivo no que era o primeiro partido de pretemporada para os vigueses. O choque, disputado na localidade coruñesa de Cee, chegou ao descanso con vantaxe para os celestes grazas aos tantos de Salgueiro e Otero. Tras a continuación o Deportivo conseguiu igualar o … Continuación