A Escola Celta Brasov inicia a súa actividade

  A Escola Celta Brasov, nada ao amparo dun importante convenio asinado entre o Celta, o CS Coltea 1920 Brasov e o concello da cidade romanesa, arrincou oficialmente a súa actividade esta semana. A academia celeste estará coordinada por Héctor Quijeiro, profesional de sobrada experiencia que dirixiu o proxecto do Celta en Campeche e que … Continuación

O Celta Xuvenil participa a próxima semana na prestixiosa La Peronne Cup

  A pretempada do Celta Xuvenil de División de Honra arrincou a semana pasada. O equipo adestrado por David De Dios afronta este sábado o seu primeiro partido de preparación ante o Deportivo (18:00, Cee) e a próxima semana viaxará a Normandía, en Francia, para participar na prestixiosa La Peronne Cup xunto a grandes clubs … Continuación

Derrota do Celta B na presentación do Boavista ante os seus afeccionados

  Celta B caeu derrotado este mércores ante o Boavista na presentación oficial do club luso ante os afeccionados. O partido, celebrado no Estádio do Bessa Século XXI, concluíu con vitoria do conxunto local por 2-0.   Pretempada Celta B Xoves 21/07: Mondariz v Celta B (1-2) Domingo 24/07: Portonovo v Celta B (0-2) Mércores … Continuación

Agus Medina, reforzo versátil para o Celta B

  O RC Celta pechou a fichaxe dun novo reforzo para o seu equipo filial. Agus Medina chega a Vigo procedente da CE Sabadell FC, conxunto da 2ª División B. O futbolista, caracterizado pola súa enorme polivalencia, será celeste as próximas dúas tempadas con opción a outras dúas.   Agus Medina (Barcelona, 1994) formouse nas … Continuación

O Celta B avanza na súa pretempada con goles e boas sensacións

  O Celta B avanza no seu traballo de pretempada con boas sensacións. Os celestes xogaron a pasada fin de semana o seu cuarto compromiso estival, o XLVII Trofeo Carneiro ao Espeto de Moraña ante o Pontevedra CF. Os canteiráns foron moi efectivos de face a gol e cultivaron un sólido triunfo por 0-4. Gus … Continuación

O Celta B vence ao Mondariz no seu primeiro partido de pretempada

  O Celta B aprobou o seu primeiro exame de pretempada. Os celestes enfrontáronse ao Mondariz FC este xoves no Campo Municipal de Mondariz, un partido no que os locais se adiantaron na primeira parte. Tras o descanso o Celta B soubo impor a súa calidade e remontou o resultado adverso con goles de Adrián … Continuación

O Celta B debuta en liga no campo do Mutilvera

  A RFEF anunciou este mércores o calendario do Grupo I da Segunda División B, na que compite o filial do RC Celta. Os canteiráns vigueses debutarán esta tempada o 21 de agosto en Navarra, no campo da UD Mutilvera. O primeiro encontro que acollerá o Campo de Barreiro será na xornada 2, o 28 … Continuación

O Celta B medirase en 2ªB a asturianos, cántabros, castelán-leoneses, galegos e navarros

  A RFEF oficializou a composición dos grupos de Segunda División B esta mañá na Cidade Deportiva de Las Rozas. O Grupo I, no que está encadrado o Celta B, enfrontarase aos equipos de Asturias, Cantabria, Castela-León, Galicia e Navarra. O filial celeste enfrontarase esta tempada a cinco rivais galegos: Boiro, Coruxo, Pontevedra, Ferrol e … Continuación

O Celta B incorpora ao atacante Joao Gomes Camacho

  O Celta B continúa reforzándose de cara á nova tempada coa incorporación do extremo portugués Joao Pedro Gomes Camacho, pertencente ao Club Nacional de Madeira da primeira división portuguesa. Trátase dun versátil atacante que se move con soltura por ambas bandas e que chega cedido con opción de compra.   Joãou Pedro Gomes Camacho, … Continuación

O extremo Juan Hernández e o mediocentro Juan Antonio Ros, novos refuerzos para o Celta B