SportGal: actividades, sorteos e xogadores do Celta no stand da Fundación

  A Fundación Celta estará presente no SportGal, a I Feira Deportiva Galega, que se desenvolverá entre os días 18 e 20 no Recinto Feiral de Vigo (IFEVI). A caseta da Fundación contará o sábado coa asistencia de xogadores do RC Celta e organizará diversas actividades e sorteos de camisetas asinadas e entradas. SportGal nace … Continuación

Clasificacións

   

O Celta B non pode co Somozas nun intenso partido en Barreiro (0-0)

O Celta B non puido superar ao Somozas nun intenso e disputado partido en Barreiro que acabou sen goles. Os celestes dominaron en moitas fases e xeraron ocasións para marcar, pero topáronse cun rival moi ordenado e serio que tamén dispuxo dalgunhas opcións.   Prudencia, orde e rigor no arranque do partido en Barreiro. O … Continuación

Contundente derrota do filial ante o líder na Malata

  O Celta B perdeu con contundencia en casa do líder, o Racing Club Ferrol. Os celestes adiantáronse moi pronto no marcador cun tanto de Guille Andrés, pero o cadro departamental demostrou o seu gran poder de reacción e logrou dar a volta ao resultado xa no primeiro tempo. O descanso chegou cun 3-1 a … Continuación

Borja Fernández, Deportista Universitario do Ano e exemplo para a canteira

  O canteirán Borja Fernández recibiu este mes un recoñecemento ao seu esforzo e constancia no deporte e nos estudos. O centrocampista, estudante de Grao de Educación Primaria, foi elixido Deportista Universitario do Ano polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, un premio ao sacrificio que o xogador vigués realiza cada día para compaxinar … Continuación

Reparto de puntos no derbi entre Celta B e Pontevedra

  Celta B e Pontevedra repartíronse os puntos dun derbi intenso e igualado, pero falto de ocasións de gol. Os porteiros tiveron un primeiro tempo tranquilo, no que apenas tiveron que participar. Xa na segunda parte os celestes aclararon as súas ideas en ataque e no minuto 57 perforaron a portaría de Edu. Guille finalizou … Continuación

O canteirán Brais Méndez, convocado coa Selección Española Sub-19

p>

O primeiro equipo, espello e referente de traballo para a canteira

  O primeiro equipo do Real Club Celta de Vigo e a súa canteira continúan fortalecendo lazos para traballar de maneira conxunta e eficaz na formación de futbolistas. O corpo técnico que dirixe Eduardo Berizzo mostrou desde a súa chegada un interese crecente polo desenvolvemento dos canteiráns celestes. Froito desta unión, e en coordinación co … Continuación

Celta-Braga: triple duelo de canteiras na Madroa

p>

Diego Alende debuta nunha lista da Sub-19 e Pape repite

  A Selección Española Sub-19 convocou aos canteiráns celestes Pape Cheikh e Diego Alende, este último debutante nunha lista desta categoría, para a concentración que o combinado nacional realizará do 30 de novembro ao 2 de decembro na Ciudad Deportiva de Las Rozas.   A convocatoria dos dous canteiráns súmase ás recentes do centrocampista Diego … Continuación