Gran remontada do Celta B ante o Lealtad (2-1)

Gran triunfo do Celta B, cunha remontada apoiada nunha gran fe e ambición, nun partido duro e complicado ante a Lealtad. Os celestes reencontráronse coa vitoria en Barreiro para asentarse na segunda praza.   O Celta B aplicou desde o inicio paciencia e ambición para tratar de superar a un rival ordenado, correúdo e cun … Continuación

Celta B – CD Lealtad: listaxe de convocados

  O adestrador do Celta B, Alejandro Menéndez, convocou a 20 xogadores para o partido da xornada 27 de Segunda División B ante o Lealtad (domingo, 12.00, Barreiro).   A listaxe fórmana Néstor, Iván Villar, Ángel, Kevin, Agust, Samu, Castellano, Alende, Roger, Robert, Gus, Borja Fernández, Dani Molina, Joao, Brais, Mera, Juan Hernández, Borja Iglesias, … Continuación

O Celta B cae en Burgos tras sete xornadas invicto

O Celta B perdeu 2-0 no Plantío, campo do Burgos, e puxo fin a unha serie de sete xornadas consecutivas sen coñecer a derrota. Os locais adiantáronse nada máis comezar o segundo tempo cun tanto de Adrián Hernández. Os celestes mantivéronse fieis ao seu estilo e tiveron varias boas ocasións para empatar, pero finalmente foi … Continuación

Brais Méndez, mellor futbolista Sub-21 vigués da 2015/16

O canteirán celeste Brais Méndez foi premiado pola Fundación Vigo Deporte (VIDE) como o mellor futbolista Sub-21 da tempada 2015/16. O xogador recibiu o trofeo de mans do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, nun acto celebrado no edificio do Concello de Vigo.   Os premios VIDE recoñecen cada ano todo o máis destacado do panorama … Continuación

O Celta B vence ao Ferrol e lánzase á caza do liderado

O Celta B lánzase a por a primeira praza. Tras a espectacular goleada cultivada a pasada semana en Pontevedra os celestes recibían ao Racing Club Ferrol en Barreiro. E non fallaron. Foi un partido traballado, que arrincou con moita igualdade, pero que terminou sendo de propiedade viguesa. Brais Méndez marcou o gol da vitoria na … Continuación

O Celta B asalta a fortaleza de Pasarón (0-4)

  Primeira parte para enmarcar a que asinou o Celta B en Pasarón, onde o Pontevedra tan só encaixara seis goles en toda a tempada. Os celestes asaltaron o fortín pontevedrés e chegaron ao descanso cunha vantaxe de 0-4, marcador que xa non se movería. Borja Iglesias (por partida dobre), Samu e Kevin foron os … Continuación

Pontevedra-Celta B: listaxe de convocados

  O adestrador do Celta B, Alejandro Menéndez, convocou a 19 xogadores para o partido da xornada 24 de Segunda División B ante o Pontevedra (domingo, 17:00, Pasarón).   A lista fórmana Néstor, Ángel, Robert, Kevin, Caste, Samu, Alende, Agus, Gus, Roger, Adrián, Borja Fdez., Brais, Joao, Mera, Hicham, Iglesias, Juan Hernández e Molina.  

O Celta B apunta o ceo: vitoria e dous goles de Iglesias

  O Celta B non ten teito. Os celestes venceron ao Palencia en Barreiro con dous goles dun Borja Iglesias en estado de graza que xa acumula 16 dianas nesta tempada. O filial céltico é provisionalmente segundo na clasificación, a só 1 punto do primeiro posto.   Forzas igualadas no primeiro tempo. O Celta protagonizou … Continuación

Celta B-Palencia: listaxe de convocados

  O adestrador do Celta B, Alejandro Menéndez, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 22 de Segunda División B ante o CD Palencia (domingo, 12:00, Barreiro).   A listaxe fórmana Néstor, Ángel, Kevin, Agus, Samu, Castellano, Roger, Alende, Robert, Gus, Borja Fdez., Dani Molina, Joao, Juan Mera, Brais Méndez, Adrián, Borja Iglesias … Continuación

O centrocampista do Celta B Juan Antonio Ros xogará cedido no FC Cartagena

  O centrocampista do Celta B Juan Antonio Ros xogará cedido ata final de tempada no Fútbol Club Cartagena, segundo o acordo alcanzado esta mañá polos clubs.   O RC Celta deséxalle ao xogador do filial moito éxito nos próximos meses no conxunto cartagenero, que lidera o grupo IV da Segunda División B.