CELTA B | O filial asalta El Sardinero e acecha ao Real Racing Club (0-1)

  O Celta B sumou este domingo tres puntos extraordinarios en casa do Real Racing Club de Santander. Borja Iglesias anotou o único gol do encontro no minuto 52, suficiente para sumar unha valiosa vitoria ante o segundo clasificado. O filial celeste ponse a tan só un punto do Racing e a catro da CyD … Continuación

FICHAXE | Dani Molina incorpórase ao Celta B

  O Celta B incorpora calidade e talento coa chegada do centrocampista Dani Molina, de 20 anos de idade, quen xa superou as probas médicas e asinou o contrato que o unirá ao RC Celta as próximas catro tempadas e media.   Daniel Molina (Huelva, 14 de marzo de 1996) disputou esta tempada 17 partidos … Continuación

FICHAXE | Dani Molina: calidade e talento para o Celta B

  O Celta B incorpora calidade e talento coa chegada do centrocampista Dani Molina, de 20 anos de idade. O RC Celta e o Recreativo de Huelva pecharon hoxe o acordo para o traspaso dos dereitos do futbolista, que, a expensas de que supere o recoñecemento médico, converterase en celeste as próximas catro tempadas e … Continuación

XUVENIL B | Suspendido o amigable contra o Shandong Luneng Taishan

  O amigable programado na Madroa para esta tarde entre o Celta Xuvenil B e o Shandong Lunen Taishan Sub-17, club da Superliga de China, suspendeuse por razóns alleas ao RC Celta.

CELTA B | De Paz xogará cedido no Racing Club Ferrol e Varo se desvincula

  Sergio De Paz, futbolista do Celta B, xogará cedido até final de tempada no Racing Club Ferrol tras o acordo alcanzado entre as partes. Doutra banda, Varo Fernández, sen ficha pero até agora na disciplina do filial céltico, desvincúlase do RC Celta.   O club desexa o maior dos éxitos a De Paz no … Continuación

O canteirán Pampín consolídase na Selección Española Sub-17, que se medirá a Italia este mes

O canteirán celeste Diego Varela Pampín consolídase como un dos novos valores da Selección Española Sub-17. Santi Denia, seleccionador nacional, volveu a convocar ao xuvenil céltico para un partido oficial, o que disputarán os combinados nacionais de España e Italia no Estadio de Mahón, Menorca, o día 18 do presente mes de xaneiro.   O … Continuación

XUVENIL B | O Celta xogará un amigable có Shandong Luneng Taishan

  As instalacións deportivas do RC Celta na Madroa acollerán este mércores ás 17:00 un partido amigable entre o Celta Xuvenil B e o equipo Sub-17 do Shandong Luneng Taishan, club da Superliga de China. O conxunto asiático está a realizar estes días un stage en Portugal e acudirá a Vigo para medirse aos vigueses … Continuación

O Celta B comeza o ano cun empate ante o Mutilvera (2-2)

O Celta B arrincou o ano cun empate incrible pola demesurada cantidade de espléndidas ocasións de gol desperdiciadas e a tremenda efectividade do Mutilvera. O filial encaixou no primeiro minuto da segunda metade cun golazo de Abaurrea e empatou o choque cun tanto de Borja Fernández. Gómez adiantou ao rival e Borja Igrexas acertou no … Continuación

ALEVÍN A | O Celta, campión da “Copa de Navidad” en Asturias

  O Celta Alevín A proclamouse campión da "Copa de Navidad" da localidade ovetense de Vallobin tras superar ao Real Oviedo na final cun gol na prórroga (0-1). O director da canteira do RC Celta, Carlos Hugo García Bayón, presenciou o partido e representou ao club vigués na entrega de premios.

CELTA B | Luis Rioja desvincúlase do RC Celta

  Luis Rioja, ata agora xogador do filial, non continuará no RC Celta tras desvincularse do club vigués. O RC Celta agradece ao futbolista a súa profesionalidade defendendo a camiseta celeste e lle desexa o maior dos éxitos na súa próxima etapa deportiva.