O RC Celta B cae ante Las Rozas en Barreiro (2-4)

O RC Celta B perdeu este sábado ante Las Rozas en Barreiro (2-4) nun partido ante un rival directo pola permanencia. Os celestes adiantáronse no marcador nada máis comezar o encontro pero viron como o equipo visitante empataba antes do descanso cun discutido penalti. Un gol mal anulado aos de Jacobo Montes e a puntaría … Continuación

RC Celta B – Las Rozas: convocatoria

O adestrador do RC Celta B, Jacobo Montes, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 22 de Segunda División B ante Las Rozas (sábado, 16.00 Barreiro). Álvaro Fernández, Álvaro Ramón son baixa por lesión.

Riki Mangana xogará cedido no Guijuelo e Dani Vega desvincúlase do club

O defensa do RC Celta B, Riki Mangana, xogará cedido até final de tempada no Guijuelo tras o acordo alcanzado por ambos os clubs e o xogador. O club deséxalle moita sorte durante esta cesión. Doutra banda, o RC Celta e Dani Vega acordaron a desvinculación do atacante, que emprende unha nova etapa deportiva. O … Continuación

Gabri Veiga xogará a Copa do Atlántico coa Selección Española Sub-18

Profunda alegría e satisfacción no RC Celta e a Fundación pola convocatoria de Gabri Veiga coa Selección Española Sub-18 para disputar a prestixiosa Copa do Atlántico. O xogador celeste concentrarase en Las Palmas de Gran Canaria entre o 27 de xaneiro e o 1 de febreiro para medirse a Eslovaquia, Xapón e México. Gabri Veiga … Continuación

Resultados de partidos de A Canteira

[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2020/01/partidos-canteira-celta-200120.pdf” width=”1200″]

A mala sorte castiga ao RC Celta B (1-0)

O RC Celta B perdeu este domingo na súa visita á UD Melilla (1-0) nun partido no que os de Jacobo Montes mereceron mellor sorte. O filial celeste acumulou máis chegadas que o seu rival durante os 90 minutos e só a mala puntaría impediu un marcador mellor. Os locais anotaron o único gol do … Continuación

UD Melilla – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Jacobo Montes, convocou a dezasete xogadores para o partido da xornada 21 de Segunda División B ante a UD Melilla (domingo, 11.30, Municipal Álvarez Claro) A lista fórmana: Rosic, Fran Vieites, Riki Mangana, Carreira, Cissé, Fontán, Ros, Pampín, Dani Molina, Yeboah, Moha, Solis, Losada, Bermejo, Lautaro, Jacobo e Apeh.  

Programación de partidos de A Canteira

[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2020/01/partidos-canteira-celta-170120.pdf” width=”1200″]

Os técnicos do Celta Integra amplían a súa formación da man de Fundación LaLiga e UAM

Álex Abalde e Juan Diego Fernández, dous dos técnicos do equipo Fundación Celta Integra, cursarán durante o primeiro semestre de 2020 o Curso de Formación Especializada en Fútbol e Discapacidade Intelectual, unha acción formativa que foi organizada e desenvolvida de maneira conxunta pola Fundación LaLiga e a Universidade Autónoma de Madrid (UAM). Un grupo de … Continuación

Resultados de partidos de A Canteira

[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2020/01/partidos-canteira-celta-130120.pdf” width=”1200″]