O Celta B suma un punto en Barreiro ante o Talavera (1-1)

O Celta B sumou o seu sétimo partido sen perder cun empate moi traballado ante o Talavera nun partido con poucas ocasións e de gran esixencia. Juan Hernández adiantou aos celestes na primeira metade e Cristian anotou o empate a falta dun cuarto de hora para o final. Nos últimos minutos, o filial dispuxo de … Continuación

Celta B-Talavera: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 17 xogadores para o partido deste domingo ante o Talavera (Barreiro, 12:00 horas), entre eles aos xuvenís Fran Vieites, Sergio e Franco Lobos. A listaxe fórmana: Sotres, Fran, Kevin, Ros, Riki, Alende, Sergio, Rai, Serrano, Roigé, Tià, Aarón, Juan Hernández, Agus, Franco Lobos, Drazic, Dennis. Jero, … Continuación

Dani Molina substitúe a Víctor Pastrana na convocatoria para Villarreal

Víctor Pastrana, xogador do Celta B convocado por Unzué para o partido de Liga en Villarreal, non poderá acudir á cita por unha indisposición de última hora. No seu lugar viaxará co primeiro equipo o centrocampista do filial Dani Molina.

Brais: “Cada vez síntome máis cómodo e con máis confianza”

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));

Andalucía gaña o exitoso Nacional Sub-12 organizado por RC Celta e Futgal

A Madroa puxo fin este domingo a unha exitosa edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-12 de Fútbol 8, organizado nesta ocasión polo RC Celta e a Federación Galega de Fútbol. Andalucía erixiuse en xusta vencedora do torneo ao vencer na final a Cataluña por catro goles a un. Durante tres días, de … Continuación

D.O. Celta: fútbol e valores danse a man na canteira celeste

O departamento de categorías inferiores do RC Celta desenvolveu un sistema innovador para a valoración dos xogadores da canteira celeste. Baixo o nome de 'Denominación de Orixe Celta', este método de avaliación non só ten en conta os aspectos futbolísticos, senón que outorga especial valor ao comportamento, os valores e o rendemento académico: "Este programa … Continuación

A Fundación Celta apoia a XI edición de Vive Vigo en Bici

Ésta semana comezou unha nova edición de 'Vive Vigo en Bici', que programa accións coa bicicleta durante cinco fins de semana consecutivos, arrancando este domingo cunha marcha popular e finalizando o 26 e 27 de maio coa xa tradicional Pedaliña. O 26 de maio, a festa da bicicleta no Castro, de 12 a 21 horas, … Continuación

O Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse a xornada, sitúase a tan só tres puntos do líder, precisamente o Deportivo Fabril. Os celestes foron netamente superiores ao conxunto coruñés durante todo o partido. Drazic adiantou aos vigueses no primeiro tempo cun golazo, marcado sen … Continuación

Deportivo Fabril-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Deportivo Fabril (El Mundo del Fútbol, 18:00 horas) correspondente á xornada 35 de Segunda División B, entre eles os xuvenís Fran Vieites e Franco Lobos. A listaxe fórmana: Sotres, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Rai, Serrano, … Continuación

A metodoloxía de canteira celeste, materia de estudo nun máster da RFEF

O RC Celta regresou por segundo ano consecutivo ao Máster de Adestradores de Fútbol da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) para compartir cos alumnos o método de fútbol base céltico. O responsable de metodoloxía do club, Eduardo Covelo, impartiu o pasado martes un relatorio sobre o sistema de traballo de canteira do RC Celta … Continuación