Markel Lozano reforza o centro do campo do RC Celta B

O RC Celta B reforza o seu centro do campo coa fichaxe do mediocentro Markel Lozano, de 23 anos de idade e procedente do Amorebieta. O centrocampista, que asina por unha tempada e media, atesoura xa experiencia en Segunda División B, onde acumula case un centenar de partidos. Esta tempada é o futbolista con maior … Continuación

Onésimo Sánchez, novo adestrador do Celta B

Onésimo Sánchez será o encargado de dirixir ao filial do RC Celta até final da tempada 20/21 tras o acordo alcanzado entre o adestrador e o club. Onésimo acumula unha dilatada experiencia nos bancos de Segunda División e Segunda División B tras dirixir con éxito a SD Huesca, Real Valladolid B, Real Murcia e CD … Continuación

O RC Celta B incorpora ao extremo Javi Gómez

O RC Celta e o CF Fuenlabrada chegaron a un acordo para a cesión de Javi Gómez, que xogará cedido no conxunto celeste até o final da presente tempada. O RC Celta gárdase unha opción de compra Javi Gómez (Toledo, 1999) é un habilidoso extremo ambidiestro que destaca pola súa capacidade de desborde.

O adestrador Jacobo Montes non seguirá no RC Celta B

Jacobo Montes e Marcos Montes non continuarán no RC Celta B unha vez acordada a súa desvinculación da entidade. O Real Club Celta quere expresarlles o seu sincero agradecemento pola profesionalidade, dedicación e esforzo que demostraron durante a súa estancia no filial. O club celeste deséxalles a todos o maior dos éxitos no futuro.

O RC Celta B cae ante Las Rozas en Barreiro (2-4)

O RC Celta B perdeu este sábado ante Las Rozas en Barreiro (2-4) nun partido ante un rival directo pola permanencia. Os celestes adiantáronse no marcador nada máis comezar o encontro pero viron como o equipo visitante empataba antes do descanso cun discutido penalti. Un gol mal anulado aos de Jacobo Montes e a puntaría … Continuación

RC Celta B – Las Rozas: convocatoria

O adestrador do RC Celta B, Jacobo Montes, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 22 de Segunda División B ante Las Rozas (sábado, 16.00 Barreiro). Álvaro Fernández, Álvaro Ramón son baixa por lesión.

Riki Mangana xogará cedido no Guijuelo e Dani Vega desvincúlase do club

O defensa do RC Celta B, Riki Mangana, xogará cedido até final de tempada no Guijuelo tras o acordo alcanzado por ambos os clubs e o xogador. O club deséxalle moita sorte durante esta cesión. Doutra banda, o RC Celta e Dani Vega acordaron a desvinculación do atacante, que emprende unha nova etapa deportiva. O … Continuación

A mala sorte castiga ao RC Celta B (1-0)

O RC Celta B perdeu este domingo na súa visita á UD Melilla (1-0) nun partido no que os de Jacobo Montes mereceron mellor sorte. O filial celeste acumulou máis chegadas que o seu rival durante os 90 minutos e só a mala puntaría impediu un marcador mellor. Os locais anotaron o único gol do … Continuación

UD Melilla – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Jacobo Montes, convocou a dezasete xogadores para o partido da xornada 21 de Segunda División B ante a UD Melilla (domingo, 11.30, Municipal Álvarez Claro) A lista fórmana: Rosic, Fran Vieites, Riki Mangana, Carreira, Cissé, Fontán, Ros, Pampín, Dani Molina, Yeboah, Moha, Solis, Losada, Bermejo, Lautaro, Jacobo e Apeh.  

Vitoria contundente do filial celeste (5-0)

O RC Celta B conseguiu a vitoria este domingo ante o Internacional de Madrid (5-0) nun encontro que dominou de principio a fin. Os de Jacobo Montes disputaron un dos mellores partidos da tempada e impuxéronse con rotundidade a un dos equipos da zona alta da clasificación. Bermejo, Solís, Yeboah, Apeh e Dani Vega foron … Continuación