RC Celta B – Pontevedra: convocatoria

O adestrador do RC Celta B, Jacobo Montes, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 10 de Segunda División B ante o Pontevedra (sábado, 16.30, Barreiro). Álvaro Fernández é baixa por lesión.

O RC Celta B exhibe pegada ante o Sanse (0-3)

O RC Celta B impúxose con contundencia á UD Sanse (0-3) nun partido que estivo marcado pola efectividade dos xogadores celestes. Bermejo e Jacobo por partida dobre foron os encargados de anotar os tantos do filial, que con esta vitoria escala posicións na clasificación. FICHA TÉCNICA 0 - UD Sanse: Irureta, Rubén, Gassama, Bijimine, Felipe, … Continuación

Sanse – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Jacobo Montes, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 9 de Segunda División B ante o Sanse (domingo, 12.00, Estadio Municipal José Luís da Fouce - Matapiñonera). A lista fórmana: Fran Vieites, Iago, Sergio Carreira, Ros, Farrando, Fontán, Cisse, Manny, Dani Molina, Moha, Solis, David Álvarez, Bermejo, Dani Vega, … Continuación

Álvaro Fernández sofre unha rotura no ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda

Malas novas para o RC Celta B. As probas médicas ás que foi sometido o porteiro Álvaro Fernández confirmaron que sofre unha rotura no ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda tras un mal xesto durante o último partido de liga. O RC Celta quere transmitirlle todo o seu agarimo e desexarlle unha pronta recuperación.

Inxusta derrota do RC Celta B en Barreiro (0-1)

O RC Celta B caeu este domingo ante o Raio Majadahonda (0-1) nun encontro no que os de Jacobo Montes gozaron de numerosas ocasións que non lograron transformar. Os madrileños aproveitáronse da lesión do porteiro celeste para adiantarse no marcador mediada a segunda metade. FICHA TÉCNICA 0 - RC Celta B: Álvaro (Fran, min 71), … Continuación

O RC Celta B faise forte a domicilio (0-0)

Valioso empate do RC Celta B na súa visita á UD As Palmas Atlético (0-0). Os de Jacobo Montes dominaron gran parte do encontro e dispuxeron de ocasións para levar o tres puntos, pero o porteiro local estivo moi acertado para detelas. FICHA TÉCNICA 0- UD As Palmas Atlético: Á. Domínguez, J. Fortes, Camacho, Juan, … Continuación

Las Palmas Atlético – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Jacobo Montes, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 7 de Segunda División B ante As Palmas Atlético (domingo, 12.00, Anexo Estadio Gran Canaria). A lista fórmana: Fran Vieites, Álvaro Fernández, Sergio Carreira, Ros, Farrando, Fontán, Riki, Manny, Losada, Dani Molina, Moha, Miguel Fernández, Bermejo, Dani Vega, Jacobo, … Continuación

O RC Celta B cae ante a eficacia do Langreo (0-1)

O RC Celta B caeu este domingo ante o Langreo (0-1) nun partido de claro dominio celeste. O equipo asturiano marcou o gol da vitoria a poucos minutos do final na súa única ocasión. Os de Jacobo Montes tentárono por activa e por pasiva pero non lograron culminar ningunha das súas múltiples chegadas. FICHA TÉCNICA … Continuación

RC Celta B – Langreo: convocatoria

O adestrador do RC Celta B, Jacobo Montes, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 6 de Segunda División B ante o Langreo (sábado, 12:00, Barreiro). Solís é baixa por lesión e Fran Vieites é baixa por sanción.

O RC Celta B firma unha victoria épica ante o líder (3-4)

Incrible vitoria do RC Celta B ante o Peña Deportiva (3-4), líder da categoría. Os de Jacobo Montes, que se adiantaron no marcador cun gol de Apeh, fóronse por baixo ao descanso debido ao tres goles locais. Na segunda metade Jacobo reduciu diferenzas, pero o filial quedou con 10 pola expulsión de Fran Vieites. Cos … Continuación