Unha ducia de canteiráns ‘medran’ no Celta B

A canteira do RC Celta vive un momento extraordinario, un protagonismo poucas veces coñecido nos últimos tempos. Se no primeiro equipo son once os canteiráns que forman parte do plantel, no filial tamén hai unha ampla representación de futbolistas formados nas categorías inferiores do club. O Celta B conta na súa plantilla con nove canteiráns … Continuación

O RC Celta B puntúa a domicilio na súa estrea ligueira (2-2)

O RC Celta B empatou este domingo en Madrid ante o Internacional (2-2) na estrea ligueira no grupo I de Segunda División B. Os de Jacobo Montes, que presentou un equipo moi novo sobre o terreo de xogo, igualaron en dúas ocasións o partido grazas aos goles de Apeh e Dani Molina. FICHA TÉCNICA 2 … Continuación

Internacional – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Jacobo Montes, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 1 de Segunda División B ante o Internacional de Madrid (domingo, 11:00, Polideportivo Municipal Boadilla del Monte). A lista fórmana Fran Vieites, Álvaro Fernández, Riki, Sergio Carreira, Ros, Farrando, Fontán, Pampín, Manny, Gabri, Dani Molina, Solís, David Álvarez, Yeboah, … Continuación

Empate sen goles no cuarto partido de pretempada do Celta B

O Celta B asinou as táboas contra o Polvorín, no que era o cuarto compromiso estival da pretemporada do conxunto celeste. Aínda que nun principio nesta data estaba programado medirse contra o Braga B, finalmente foi o filial do CD Lugo o opoñente dos vigueses. Os de Jacobo Montes suman catro vitorias (SD Compostela, Pontevedra, … Continuación

O RC Celta B suma un novo triunfo en pretemporada (1-0)

O RC Celta B venceu este mércores en Barreiro ao Ourense CF (1-0) nun encontro infestado de ocasións que se decantou na segunda metade cun gol do xuvenil Miguel Rodríguez. Os de Jacobo Montes non coñecen a derrota nesta pretemporada tras superar á SD Compostela, CD Moaña e imporse no Torneo Carneiro ao Espeto ao … Continuación

O RC Celta B consegue a cesión do extremo Yaw Yeboah

O RC Celta B pechou a cesión por unha tempada do talentoso extremo Yaw Yeboah tras alcanzar un acordo co CD Numancia. O club, ademais, se garda unha opción de compra. Yaw Yeboah (Ghana, 1997) é un habilidoso home de ataque que pode xogar por ambas bandas e como dianteiro centro grazas ao seu desborde … Continuación

O RC Celta B conquista o L Trofeo Carneiro ó Espeto.

O RC Celta B conquistou este sábado o L Trofeo Carneiro ó Espeto tras imporse nun triangular ao Pontevedra CF e ao RC Deportivo B. Os de Jacobo Montes empataron ante o filial deportivista e venceron ao conxunto granate cun dobrete de 'Manolito' Apeh. Foto: Pontevedra CF

O filial inicia a pretemporada cunha goleada ante a SD Compostela (0-4)

Foto: SD Compostela O RC Celta B disputou este mércores en Santiago o seu primeiro partido de pretemporada ante a SD Compostela con motivo do IV Memorial Antonio Bermúdez e que saldou cunha contundente vitoria dos pupilos de Jacobo Montes (0-4). O filial, con moitas caras novas, impúxose no estadio Vero Boquete con goles de … Continuación

O RC Celta B fortalece a súa defensa coa disciplina e contundencia de Souleymane Cissé

O RC Celta B pechou a contratación do prometedor defensa senegalés Souleymane Cissé, espigado central que chega procedente do Stade de Mbour. Souleymane Djimou Cissé (Senegal, 1999) é internacional Sub-20 co seu país e recentemente participou no Mundial da categoría, onde realizou unha notable actuación. O novo defensa do filial celeste, que asina por cinco … Continuación

O RC Celta B reforza o seu equipo co extremo Manny

O RC Celta B chegou a un acordo co extremo dominicano Manny, até agora xogador do Atlético de Madrid B, para reforzar o seu ataque. Manny Alexander Rodríguez Baldera (Santiago, República Dominicana, 1998) é un futbolista que destaca pola súa fortaleza física, velocidade e desborde. O novo xogador do filial sobresae tamén pola súa polivalencia … Continuación