Joel Lopez, operado de maneira satisfactoria

O xogador da Celta Fortuna, Joel López, foi operado esta mañá de maneira satisfactoria no Hospital FREMAP Vigo polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota. Tras a confirmación do diagnóstico de lesións do defensa, realizóuselle unha operación baseada en varias intervencións específicas: unha reinserción do lateral medial interno, unha reconstrución da … Continuación

Joel López sofre unha triada no seu xeonllo esquerdo

Durante o último partido da tempada, correspondente á volta eliminatoria de playoffs disputada na Rosaleda fronte ao Málaga CF (2-1), Joel López sufriu unha lesión pola que tivo que ser substituído por Manu Fernández. Tras as probas médicas pertinentes, confirmouse que Joel sofre unha rotura nos ligamentos cruzado anterior, lateral interno e menisco da súa … Continuación

Pablo Gavián debuta co Celta Fortuna

Pablo Gavián estreouse co Celta Fortuna no último partido da tempada. O lateral aportou a súa calidade nos últimos minutos da cita do filial celeste fronte ao Barcelona Atlètic (1-2). O RC Celta quere felicitar ao canteirán polo seu debut en Primeira Federación. A canteira é un dos piares fundamentais do club e é un … Continuación

Celta Fortuna vs Barcelona Atlètic (1-2) | Resumo e Highlights Primeira Federación

 

CD Arenteiro vs Celta Fortuna (1-1) | Resumo e Highlights Primeira Federación

O Celta Fortuna e o CD Arenteiro repartíronse os puntos en Espiñedo (1-1). Os pupilos de Fredi dominaron durante gran parte dos 90 minutos, reflectindo a súa superioridade no terreo de xogo, pero só conseguiron capitalizar unha das súas oportunidades. Foi Pablo Durán quen adiantou ao filial celeste cun gol na primeira parte. Nas últimas … Continuación

O Celta Fortuna é de Play-Off!

O Celta Fortuna logra asegurarse un posto no tan anhelado play-off de ascenso deste ano. Cunha última vitoria contundente ante o Rayo Majadahonda (3-0), o filial celeste posiciónase firmemente nos postos altos da clasificación. Esta tempada foi un verdadeiro despregue de traballo e esforzo por parte dos xogadores do Fortuna. Con 19 vitorias e 65 … Continuación

Celta Fortuna vs Rayo Majadahonda (3-0) | Resumo e Highlights Primeira Federación

O Celta Fortuna brillou en Abanca Balaídos cunha contundente vitoria sobre o Rayo Majadahonda (3-0). O tridente ofensivo conformado por Pablo Durán, Alfon e Raúl Blanco erixiuse como protagonista, unha vez máis, selando o destino do encontro con tres goles antes do descanso. A intensidade diminuíu ao longo da segunda metade, pero mantivo o interese … Continuación

Celta Fortuna vs SD Logroñés (4-0) | Resumo e goles | Highlights Primeira Federación

O Celta Fortuna imponse ao SD Logroñés en Abanca Balaídos. Un dobrete de Raúl Blanco e os goles de Alfon e Javi Rodríguez asinaron unha nova goleada do filial celeste en casa. FICHA TÉCNICA: 4 - Celta Fortuna: Ruly García; Javi Rueda (min. 69, Gael Alonso), Javi Rodríguez, Yoel Lago (min. 78, Javi Domínguez), Pablo … Continuación

Gimnàstic de Tarragona vs Celta Fortuna (1-0) | Resumo e goles | Highlights Primeira Federación

O Celta Fortuna cae derrotado a domicilio ante o Nástic de Tarragona (1-0). O gol de Pablo Fernández, nos primeiros minutos da segunda metade, deu a vitoria pola mínima aos locais. O filial celeste céntrase agora en preparar o seu próximo encontro ante o SD Logroñés, que terá lugar o sábado 27 ás 19:00 horas … Continuación

Celta Fortuna vs CD Lugo (4-1) | Resumo e Highlights Primera Federación

Un Celta Fortuna imparable faise cos tres puntos en Abanca Balaídos tras vencer ao CD Lugo por 4-1. Un dobrete de Raúl Blanco e os goles de Alfon e Pablo Durán sentenciaron un encontro no que foron os visitantes os primeiros en abrir o marcador co tanto de Willy Ledesma aos cinco minutos do comezo … Continuación