Jacobo Montes, novo adestrador do Celta B: “Temos que formar e competir”

Jacobo Montes, novo adestrador do Celta B, atende a Celta Media na súa primeira entrevista como técnico celeste. O galego valora o seu chegada ao filial, descobre o seu ideario futbolístico e marca os obxectivos para a pretemporada e a próxima campaña do equipo céltico: "Como filial temos que formar, pero tamén que competir".

Diego Alende finaliza a súa etapa no RC Celta tras 14 anos de entrega e corazón

Diego Alende, un futbolista modélico dentro e fóra do campo, un capitán exemplar e un destacado celtista pon fin á súa etapa no RC Celta tras catorce anos de entrega, corazón e afouteza. O club quere agradecerlle todas estas tempadas nas categorías inferiores e o filial do club e desexarlle o maior dos éxitos nos … Continuación

Jacobo Montes dirixirá ao Celta B a próxima tempada

O Celta B terá novo adestrador a próxima tempada. O redondelán Jacobo Montes será o encargado de dirixir ao filial celeste, que selou a súa permanencia días atrás no playout ante o Alcoyano. Marcos Montes será o segundo adestrador do conxunto céltico. Os dous técnicos dirixiron a pasada campaña cun notable desempeño ao Coruxo, ao … Continuación

Rubén Albés non seguirá no Celta B

Rubén Albés, adestrador do Celta B cuxo contrato expira o próximo 30 de xuño, non continuará no club a próxima tempada. O RC Celta quere expresarlle o seu sincero agradecemento pola súa extraordinaria labor, profesionalidade e compromiso á fronte do filial nas dúas últimas campañas. O club deséxalle un gran éxito na súa nova etapa … Continuación

Un gran Celta B certifica a permanencia cunha vitoria en Alcoy (0-1)

Gran eliminatoria e espléndido último partido en Alcoy para selar a permanencia. O Celta B xogará unha tempada máis na categoría de bronce trala súa vitoria esta tarde ante o Alcoyano nun partido no que os celestes puxeron calidade, esforzo, oficio e determinación. Apeh anotou no desconto o tanto do triunfo celeste. O Celta B … Continuación

Alcoyano – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para a volta do playout pola permanencia en 2ªB ante o Alcoyano (domingo, 18:00, El Collao). Jacobo, Aarón Rey, Mancebo e Solís son baixas por lesión.

O RC Celta B toma vantaxe no playout ante o Alcoyano (1-0)

O RC Celta B impúxose no encontro de ida do playout de Segunda B ante o Alcoyano (1-0) nun partido dominado de principio a fin polos xogadores dirixidos por Rubén Albés. Un gol de cabeza de Apeh mediado o segundo tempo puxo en vantaxe aos celestes, que puideron ampliar a diferenza no tramo final. FICHA … Continuación

RC Celta B – Alcoyano: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para a ida do playout pola permanencia en 2ªB ante o Alcoyano (domingo, 12:00, Barreiro). Jacobo, Aarón Rey e Mancebo son baixas por lesión e Ibán Salvador é baixa por sanción. O club lembra que para este encontro non haberá entradas á … Continuación

Rubén Albés: “O Celta B ten a fortaleza para superar a eliminatoria”

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, atendeu aos medios de comunicación antes da transcendental eliminatoria pola permanencia en 2ªB que enfrontará aos celestes ao Alcoyano. Este domingo ás 12:00, partido de ida en Barreiro. O club lembra que non haberá entradas á venda debido á alta expectación e o dereito dos abonados celestes a … Continuación

O RC Celta B xogará a ida do playout de Segunda B o domingo ás 12.00

O RC Celta B afronta este domingo ás 12:00 horas en Barreiro o encontro de ida do playout pola permanencia de Segunda División B. O filial celeste recibe ao Alcoyano nun partido crucial para tentar conseguir o obxectivo da permanencia. A gran expectación que causou o encontro e o feito de que todos os abonados … Continuación