O Celta B perde pola mínima no Trofeo Illa de Arousa (2-1)

O Celta B caeu pola mínima ante o Céltiga no Trofeo Illa de Arousa. Víctor Pastrana adiantou aos celestes ao comezo do segundo tempo, pero os locais lograron dar a volta ao marcador cun penalti ao fío do asubío final. O filial celeste disputará o seu último encontro de preparación este domingo 19 de agosto … Continuación

Soberbio partido do Celta B ante o Tenerife de Segunda División (0-0)

O Celta B de Rubén Albés asinou un excelente partido ante o CD Tenerife. Os celestes disputaron ante o conxunto insular o Trofeo Teide, que finalizou con empate sen goles e decantouse a favor do cadro local nos penaltis. O filial céltico xogou de ti a ti ante un rival de Segunda División e puxo … Continuación

O Celta B supera a un esixente Ourense CF (1-2)

O Celta B sumou un novo triunfo nesta pretemporada. Os de Rubén Albés venceron este xoves ao Ourense CF no Couto, nun choque esixente cuxo marcador estreou Aarón Rey no primeiro tempo. Os locais lograron igualar o resultado na segunda parte, pero o filial celeste soubo sobreporse para conseguir a vitoria a falta de oito … Continuación

O Celta B regresa a Barreiro cun empate ante o SC Braga B (1-1)

O filial empatou 1-1 ante o SC Braga B nun intenso partido disputado este sábado en Barreiro. Os de Albés adiantáronse no segundo tempo cun tanto de Iban Salvador que chegou tras unha excelente xogada persoal de Apeh. Vinte minutos despois, o conxunto portugués igualou o marcador cun tanto desde fóra da área. Os celestes … Continuación

O Celta B recibe o sábado ao SC Braga B nun partido con entrada libre

Novo partido de preparación para o Celta B, esta vez en casa. Os de Rubén Albés reciben este sábado 4 de agosto ás 18:00 en Barreiro ao filial do Sporting Braga, un encontro a porta aberta e con entrada libre.

Goleada do Celta B ante a UD Ourense no seu cuarto compromiso de preparación

O Celta B venceu á UD Ourense no Couto cun contundente 0-4 no que era o cuarto compromiso de pretempada dos celestes. Os de Rubén Albés estrearon o marcador nada máis arrincar o partido por medio de Ían Salvador e ampliaron a súa vantaxe antes do descanso cun tanto de Alberto Solís. Na segunda parte … Continuación

O Celta B vence ao Rápido e cae ante o Pontevedra no Trofeo Carneiro ao Espeto

O Celta B colleitou unha derrota e un triunfo no XLIX Trofeo Carneiro ao Espeto de Moraña. Os celestes perderon pola mínima ante o Pontevedra CF (1-0) e venceron ao Rápido de Bouzas por 2-1 con goles de Jacobo González e Iban Salvador. O Pontevedra levou o trofeo. Foto: Rápido de Bouzas 21.07.18 Triangular Celta … Continuación

O Celta B inicia a tempada en Barreiro ante o Guijuelo

A RFEF sorteou este venres o calendario da Segunda División B. O Celta B, situado no Grupo 1 da categoría de bronce, arrincará a tempada en casa ante o Guijuelo o fin de semana do 26 de agosto. O primeiro derbi galego non se fará esperar e, na segunda xornada, o filial céltico visitará ao … Continuación

O partido do filial ante o Ourense CF cambia de data

O partido do Celta B ante o Ourense CF no Couto, programado inicialmente para o día 1 de agosto, trasládase ao xoves 9 de agosto ás 20:00 no mesmo campo ourensán. Esta decisión tomouse a fin de alixeirar a carga do céspede, recentemente sementado, e preservar o seu estado,  xa que o 31 de xullo … Continuación

O Celta B, rival do CD Tenerife no Trofeo Teide

O Celta B terá a honra de participar no Trofeo Teide. O partido contra o CD Tenerife, cuxo horario está pendente de confirmación, celebrarase o sábado 11 de agosto no Estadio Municipal de Los Cuartos. Con este choque confirmado, o calendario de partidos do filial celeste sofre unha modificación: o encontro ante o Arosa programado … Continuación