O Celta B incorpora ao dianteiro internacional con Guinea Ibán Salvador

O Celta B incorpora un dianteiro versátil, de gran talento e unha enorme proxección. Ibán Salvador, procedente do Real Valladolid e que asina por dúas tempadas con outras tres opcionais. O atacante, de 22 anos de idade, é internacional absoluto con Guinea Ecuatorial desde 2015 e formou parte do plantel que quedou ese ano 4ª … Continuación

Acordo co Espanyol para o traspaso de Borja Iglesias polo valor da súa cláusula

O RC Celta e o RCD Espanyol chegaron a un acordo para o traspaso dos dereitos federativos do dianteiro Borja Iglesias polo valor da súa cláusula de rescisión. O club desexa expresar o seu máximo agradecemento ao xogador pola súa profesionalidade, esforzo, compromiso e entrega durante a súa etapa como celeste e desexarlle un futuro … Continuación

Eckert e Pastrana iniciarán a pretempada co primeiro equipo

Os atacantes Dennis Eckert e Víctor Pastrana, xogadores do Celta B, comezarán a pretempada baixo as ordes do adestrador Antonio Mohamed o vindeiro luns 9 de xullo na Madroa. Os futbolistas do filial celeste iniciarán o traballo de preparación xunto ao plantel de xogadores da 2017/18 que continúa na nómina celeste, os cedidos que regresan … Continuación

O central do filial Robert Costa amplía o seu contrato

O RC Celta sela a continuidade do defensa Robert Costa, quen renova co Celta B por unha tempada con outras dúas campañas opcionais no primeiro equipo. Robert Costa (Girona, 1994) chegou ao RC Celta no verán de 2016. Ao pouco da súa fichaxe sufriu unha lesión de menisco que demorou o seu debut como celeste … Continuación

O Celta B gaña potencia e velocidade co extremo Dani Vega

O RC Celta pechou a incorporación do extremo Dani Vega para o equipo filial. O futbolista emeritense, procedente do Real Valladolid B, será celeste as próximas dúas tempadas con outras tres opcionais. Dani Vega (Mérida, 1997) é un extremo destro, aínda que tamén emprega a perna esquerda. Con capacidade para desenvolverse por ambas as bandas … Continuación

O canteirán Riki Mangana convocado pola Sub-20 de Venezuela

A Selección de Venezuela Sub-20 convocou ao defensa Riki Mangana, xogador do Celta B, de face ao prestixioso Torneo Internacional de Fútbol Sub-20 da Alcudia (COTIF) que se celebra a partir do 28 de xullo na provincia de Valencia. O combinado venezolano coincidirá nesta competición cos combinados nacionais Sub-20 de Rusia, Arxentina, Marrocos, Uruguai, India, … Continuación

Iago Aspas e Juan Hernández, premiados na Gala do Fútbol Galego 2018

Iago Aspas como mellor xogador do RC Celta e Juan Hernández como máximo goleador dos equipos galegos de 2ªB, serán galardoados este venres 29 de xuño na Gala do Fútbol Galego que organiza a Real Federación Galega de Fútbol e o programa Galicia en Goles de Radio Galega. A TVG retransmitirá a gala en directo … Continuación

Adrián Rodríguez e Iago Martínez desvincúlanse do RC Celta

O dianteiro Adrián Rodríguez e o defensa Iago Martínez non continuarán no filial do RC Celta tras desvincularse da entidade celeste. O club desexa trasladar a ambos os xogadores o seu máis sincero agradecemento polo seu comportamento, entrega e profesionalidade durante o tempo no que defenderon o escudo do RC Celta, así como desexarlles o … Continuación

Samu Araújo desvincúlase do RC Celta

O futbolista Samuel Araújo, quen a pasada tempada xogou no FC Barcelona B en calidade de cedido, desvincúlase do RC Celta. O club vigués desexa expresar o seu agradecemento ao canteirán pola súa dedicación e entrega durante a súa etapa como celeste e desexarlle o maior dos éxitos no futuro.

O dianteiro Dejan Drazic xogará no Slovan Bratislava

O RC Celta e o Slovan Bratislava pecharon hoxe o traspaso dos dereitos federativos do dianteiro Dejan Drazic, quen esta pasada tempada militou no filial celeste. O club quere expresarlle a Drazic o seu agradecimiento pola profesionalidade, o compromiso e o gran comportamento mostrados na súa etapa celeste, así como desexarlle o maior dos éxitos … Continuación