Celta B-Cerceda: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 26 de Segunda División B ante o Cerceda (domingo, 12:00, Barreiro). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Kevin, Robert, Ros, Alomerovic, Iago, Pampín, Riki, Rai, Serrano, Brais, Molina, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Juan Hernández, Drazic e Dennis. … Continuación

Celta B-Cerceda: este domingo #TodosABarreiro

Non hai fútbol en Balaídos este fin de semana, pero si en Barreiro. Os canteiráns do Celta B reciben ao Cerceda o domingo ás 12:00 horas co obxectivo de volver gañar tras sete xornadas consecutivas sen conseguilo. Unha bancada chea e entregada a empuxar ao equipo sería, sen dúbida, un punto de motivación extra para … Continuación

Kevin, capitán do filial, volveu xogar tras dous meses e medio de baixa

Foi a noticia positiva do partido ante o Rápido de Bouzas. Tras máis de dous meses apartado dos terreos de xogo por unha lesión no quinto metatarsiano do seu pé esquerdo, o capitán do filial Kevin Vázquez volveu pisar o verde no encontro disputado este domingo no Baltasar Pujales, no que o lateral destro accedeu … Continuación

O Celta B cae pola mínima no campo do sorprendente Rápido de Bouzas (2-1)

O filial celeste non logra atopar a tecla para regresar á senda do triunfo. Os de Albés dérono todo no Baltasar Pujales, campo dunha das revelacións da tempada: o Rápido de Bouzas. Os locais adiantáronse no primeiro tempo, pero apenas cinco minutos despois Drazic puxo o empate no marcador. O segundo tempo, intenso e con … Continuación

Rápido de Bouzas-Celta B: Convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou á totalidade do plantel para o partido da xornada 25 de Segunda División B ante o Rápido de Bouzas (domingo, 16.30, Baltasar Pujales).  

Este domingo, derbi vigués no Baltasar Pujales

Partido de máxima esixencia para o Celta B. O sorprendente Rápido de Bouzas, cuarto clasificado do Grupo 1 da 2ªB con 42 puntos, recibe ao filial celeste no Baltasar Pujales o domingo ás 16:30 horas. Os de Rubén Albés deberán exhibir a súa mellor versión para vencer aos aurinegros e lograr tres puntos moi valiosos. … Continuación

O Celta B roza o triunfo ante o Valladolid (0-0)

O Celta B volveu puntuar tras dúas derrotas consecutivas. Os de Albés xogaron un bo partido ante o Valladolid B e mereceron máis que un empate. Dúas ocasións moi claras puideron cambiar o desenlace do choque: un balón de Juan Hernández á madeira e un tiro a porta no tempo de desconto no que os … Continuación

O Celta domina con claridade, pero quédase ás portas en Mendizorroza (2-1)

O monólogo celeste en Mendizoroza non foi suficiente. O Alavés aproveito as súas dúas primeiras ocasións e defendeu con orde para soster a súa vantaxe. Os vigueses desaprovecharon as súas oportunidades, numerosas, e caeron pola mínima tras un gol maxistral de Iago Aspas no desconto. O cadro local atopouse cun gol na súa primeira chegada … Continuación

Celta B-Valladolid B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 19 xogadores para o partido da xornada 24 de Segunda División B ante o Valladolid B (domingo, 12:00, Barreiro). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alomerovic, Iago, Pampín, Riki, Rai, Serrano, Molina, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Juan Hernández, Drazic e Dennis. Solís, Kevin e … Continuación

O Celta B suma experiencia ao seu ataque co extremo diestro Pol Roigé

O Celta B incorpora ás súas filas a un novo xogador, o extremo dereito Pol Roigé, que chega a Vigo procedente do RCD Mallorca en calidade de cedido con opción de compra ao finalizar a tempada. Pol Roigé (Barcelona, 1994) é un futbolista polivalente que se manexa con solvencia en toda a fronte do ataque. … Continuación