Din Alomerovic, prometedor lateral esquerdo internacional para o Celta B

O Celta B refórzase no mercado invernal cunha nova promesa do fútbol macedonio, o lateral esquerdo Din Alomerovic, de 20 anos de idade e internacional sub-18, sub-19 e sub-20 no seu país. O defensor, que tamén xogou numerosos partidos en posicións máis adiantadas, procede do Fuenlabrada e ofrece unha destacada calidade técnica, gran solvencia en … Continuación

O centrocampista Martín Fuentes desvincúlase do filial celeste

O centrocampista Martín Fuentes non continúa no filial do RC Celta tras desvincularse da entidade celeste. O club quere expresarlle ao xogador o seu sinceiro agradecemento polo seu comportamento, entrega e profesionalidade durante a súa etapa nas categorías inferiores e desexarlle un gran éxito nos seus novos retos deportivos.

Rubén Albés liderará o filial unha tempada máis: renovación ata 2019

O RC Celta aposta pola mocidade e o talento autóctono, tamén nos bancos. O técnico vigués Rubén Albés seguirá dirixindo ao Celta B a próxima tempada tras renovar co club celeste ata xuño de 2019. Xunto a el seguirá como segundo adestrador Toni Madrigal, quen chegou a Vigo con Albés o pasado verán e que … Continuación

Un gol temperán condena ao Celta B en Guijuelo (1-0)

Un gol de Ayala nos primeiros minutos do partido en Guijuelo inclinou a balanza a favor dos locais. Tras un arranque titubeante, no que se viron excedidos polo seu rival, o Celta B tomou o mando transcorridos quince minutos de xogo e non o cedeu ata o asubío final. Os celestes buscaron o gol con … Continuación

Kevin, capitán do Celta B, será baixa dous meses

Kevin Vázquez, capitán do Celta B, foi intervido este xoves pola lesión que sufriu no quinto metatarsiano do seu pé esquerdo durante o derbi ante o Fabril o pasado 25 de novembro. O futbolista celeste estará uns dous meses de baixa médica. O RC Celta desexa a Kevin unha pronta e total recuperación.

O Celta B adáptase, loita e imponse ao Navalcarnero baixo a choiva (1-0)

O Celta B reencontrouse coa vitoria en Barreiro nun partido marcado polas condicións climatolóxicas, co terreo de xogo anegado e fortes rachas de vento. Un gol de Dennis aos 3 minutos, gran remate cruzado, decidiu un encontro intenso, no que os dous equipos baleiráronse na súa loita contra a auga. O filial soubo adaptarse, con … Continuación

Celta B-Navalcarnero: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 18 de Segunda División B ante o CDA Navalcarnero (domingo, 15:45, Barreiro). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Martín, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández e Dennis. Son baixas por lesión … Continuación

Excesivo castigo para o Celta B en Talavera (3-0)

O filial celeste caeu derrotado no campo do Talavera nun partido que comezou cun pulo celeste que se foi diluíndo co avance do cronómetro. O cadro local adiantouse antes do descanso e tras a continuación aumentou a súa vantaxe no marcador. O Celta B tentou recortar distancias con máis arroxo que efectividade, pero a expulsión … Continuación

Talavera-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 17 de Segunda División B ante o CF Talavera (domingo, 17:00, El Prado). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Robert, Ros, Alende, Iago, Pampín, Riki, Molina, Tià, Rai, Agus, Pastrana, Drazic, Aarón, Juan Hernández, Adrián e Dennis. Son baixas por … Continuación

Intenso e sen goles: o Celta mereceu máis na versión B do clásico galego

Intenso choque o vivido en Barreiro entre Celta B e Deportivo Fabril, o clásico galego na súa versión de filiais. O cadro celeste foi superior nun partido eléctrico, de ida e volta, no que as ocasións foron máis e mellores ao lado vigués, algunhas delas tan claras que provocaron berros afogados de gol na bancada. … Continuación