O canteirán Pampín alcanza as semis do Mundial Sub-17

A Selección Española Sub-17 superou a Irán nos cuartos de final do Mundial da India (3-1) e xogará as semifinais do torneo. O canteirán celeste Diego Pampín non gozou de minutos nesta ocasión. España xogarase un posto na final ante Malí o mércores ás 16:30.

Un gol de Drazic devolve ao filial á senda do triunfo

Partido moi igualado ante unha UD Sanse rochosa, difícil de abordar, que pugnou por puntuar ata o asubío final. Ambos os conxuntos gozaron de ocasións para adiantarse no marcador pero foi o Celta quen acertou a perforar a portaría rival. Foi o recentemente entrado Drazic que, practicamente no seu primeiro balón tocado, puxo por diante … Continuación

Barreiro berra “Forza Solís” e “Lumes Nunca Máis”

El Celta B saltó al césped de Barreiro antes del partido contra la UD Sanse con camisetas de protesta por la oleada de incendios acaecida recientemente en Galicia y también de apoyo a Solís, jugador del filial que será baja varios meses por una lesión de rodilla.

Solís será baixa varios meses por unha lesión de xeonllo

Malas novas para o Celta B. O mediocentro Alberto Solís sufriu a rotura polo menos parcial do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo con probable solución cirúrxica que se decidirá nas próximas semanas. A lesión produciuse no partido do pasado domingo ante o Fuenlabrada e manteralle inactivo varios meses. O RC Celta quere enviarlle ao … Continuación

Fito na historia do Celta: canteiráns en todas as seleccións nacionais!

O RC Celta deixa outro fito para a súa historia, un logro que colma de satisfacción ao club e á afección: por primeira vez, o equipo celeste conta con xogadores da canteira en todas as categorías da Selección Española con convocatorias activas, desde a absoluta ata a sub-15. Este importante fito supón unha nova lombeirada … Continuación

Pampín, a cuartos do Mundial coa Sub-17

A Selección Española Sub-17 xogará os cuartos de final do Mundial da India tras derrotar a Francia por 1-2. O combinado español, entre cuxos convocados atópase o canteirán celeste Diego Pampín, protagonizaron unha antolóxica remontada, culminada no último minuto cun tanto desde o punto de penalti. O futbolista céltico non gozou de minutos neste encontro … Continuación

Primeira derrota da tempada para o Celta B

Tras oito xornadas invicto chegou a primeira derrota para o Celta B. Os celetes víronse superados este domingo polo Fuenlabrada no campo Fernando Torres, onde caeron 2-0. O primeiro tanto chegou no primeiro tempo tras un erro defensivo e o segundo co tempo regulamentario xa cumprido. O filial céltico recibe ao UD Sanse o vindeiro … Continuación

Robert Costa, intervido por un traumatismo facial

Robert Costa, futbolista do Celta B, foi intervido cirurxicamente este martes no Hospital Vithas Fátima por unha fractura do chan da órbita do ollo dereito e das paredes do seo maxilar superior dereito. O xogador sufriu unha cotenada nun salto cun rival durante a disputa do partido Celta B-Toledo do pasado domingo. Os servizos médicos … Continuación

O Celta B, invicto logo de catro xornadas

O Celta B continúa invicto despois de catro xornadas disputadas no Grupo 1 da Segunda División B. Os celestes estiveron moi preto de levar o tres puntos no campo do Atlético de Madrid B. Riki adiantou aos de Vigo ao comezo do segundo tempo e o cadro local logrou o empate cando o choque chegaba … Continuación

Atlético B – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 4 de Segunda División B ante o Atlético de Madrid B (domingo 10 de setembro, 12:00, Cerro del Espino). A listaxe fórmana Jero, Sotres, Kevin, Ros, Alende, Riki, Rai, Solís, Molina, Sastre, Dennis, Costa, Adrián, Pastrana, Drazic, Agus, Aarón, e … Continuación