O porteiro galego Coke Carrillo, quinto reforzo do Celta B

O Celta B recupera a un dos seus novos valores. Tras a súa cesión a pasada tempada por parte do FC Barcelona, o porteiro galego asina un contrato de cinco tempadas co club celeste. Coke Carrillo, de 20 anos de idade, foi internacional coas seleccións nacionais Sub-18 e Sub-19 e convértese na quinta fichaxe do … Continuación

O medio centro Víctor San Bartolomé incorpórase ao Celta B

Cuarta incorporación da tempada para un Celta B que esta semana arrincou os adestramentos nas instalacións deportivas da Madroa ás ordes de Claudio Giráldez. O medio centro Víctor San Bartolomé, de 22 anos, será celeste as tres próximas tempadas. O centrocampista formouse na canteira do Athletic Club, en cuxo filial superou os 90 partidos disputados. … Continuación

O Celta B recibe un novo reforzo para a súa defensa: o lateral Iván López

Traballo intenso no Celta B para configurar o plantel da presente tempada. Tras o regreso de Sergio Barcia e a incorporación de Javi Domínguez, o filial dispón xa de un  novo futbolista nas sesións de traballo: o lateral dereito Iván López. Iván López, de 21 anos de idade, chega tras disputar a pasada tempada no … Continuación

O central Javi Domínguez, primeiro reforzo do Celta B

O Celta B dispón xa do seu primeiro reforzo para a tempada 2022/23. O central Javi Domínguez, de 21 anos, súmase ao conxunto de Claudio Giráldez, que comezará a exercitarse a próxima semana tras uns días de probas médicas e físicas. Javi Domínguez procede do Talavera, encadrado a pasada tempada no mesmo grupo  que o … Continuación

Claudio Giráldez será o adestrador do Celta B as dúas próximas tempadas

O Celta B afronta a esixente tempada 2022/23 cun técnico da casa no banco, o porriñés Claudio Giràldez, quen a pasada tempada estivo á fronte do RC Celta Xuvenil de División de Honra e, ademais de obter uns extraordinarios resultados e ofrecer un fútbol de enorme calidade, propiciou o crecemento e a mellora de moitos … Continuación

Celta B – Tudelano: entradas a 10 euros nun novo reto para o filial

É o equipo das tres primeiras categorías españolas que máis puntos sumou en 2022. Está en posto de play off de ascenso, terceiro a catro puntos do líder, e este sábado ás 16:30 horas recibe en Barreiro ao Tudelano nun partido clave para asentarse entre os mellores da categoría. O Celta B buscará un novo … Continuación

O Celta B recibe este mércores en Abanca Balaídos ao Real Unión co obxectivo de asentarse nos postos de play off

O Celta B recibe este mércores en Abanca Balaídos ao Real Unión co obxectivo de defender o seu posto de play off de ascenso, ao que accedeu tras unha gran vitoria como visitante no seu último encontro: 0-7 ante O UD Sanse. Os xogadores celestes disputarán ademais dous encontros consecutivos en casa, ambos en Abanca … Continuación

Àlex Carbonell, novo reforzo para o Celta B

O RC Celta chegou a un acordo co mediocentro catalán Àlex Carbonell que asina como celeste para as próximas 4 tempadas

Carlos Beitia y Javi Gómez incorpóranse ao Celta B

O RC Celta continúa avanzando na configuración do seu filial de cara ao seu esixente debut na Primeira División RFEF. Trala incorporación do guardameta Gaizka Campos, o Celta B suma ás súas filas a outros dous xogadores, un deles xa coñecido e que deixou unha boa impresión na súa etapa celeste: Javi Gómez, e outro … Continuación

Once xogadores do filial non continuarán no RC Celta

Patrick Sequeira, Iago Domínguez, Riki Mangana, Álvaro Ramón, Markel Lozano, Diego Barri, Alberto Solís, Bruninho, Manu Justo, Kevin Soni e Zoran Josipovic non continuarán a próxima tempada no RC Celta tras desvincularse do club ou pór o punto e final á súa cesión no filial celeste. O RC Celta desexa expresar o seu sincero agradecemento … Continuación