Gabri Veiga xogará a Copa do Atlántico coa Selección Española Sub-18

Profunda alegría e satisfacción no RC Celta e a Fundación pola convocatoria de Gabri Veiga coa Selección Española Sub-18 para disputar a prestixiosa Copa do Atlántico. O xogador celeste concentrarase en Las Palmas de Gran Canaria entre o 27 de xaneiro e o 1 de febreiro para medirse a Eslovaquia, Xapón e México. Gabri Veiga … Continuación

Os técnicos do Celta Integra amplían a súa formación da man de Fundación LaLiga e UAM

Álex Abalde e Juan Diego Fernández, dous dos técnicos do equipo Fundación Celta Integra, cursarán durante o primeiro semestre de 2020 o Curso de Formación Especializada en Fútbol e Discapacidade Intelectual, unha acción formativa que foi organizada e desenvolvida de maneira conxunta pola Fundación LaLiga e a Universidade Autónoma de Madrid (UAM). Un grupo de … Continuación

Miguel Rodríguez e David Vilán, convocados de novo coa Selección Española Sub-17

O RC Celta e a súa Fundación están de parabéns. Os xuvenís Miguel Rodríguez e David Vilán foron convocados polo seleccionador David Gordo para o encontro que a Selección Española Sub-17 disputará o próximo 15 de xaneiro no estadio Tre Fonante de Roma ante Italia. Esta nova chamada recoñece o traballo que desde a Fundación … Continuación

Os nenos das Escolas Fundación Celta doan alimentos para os máis necesitados

Os nenos e nenas inscritos nas Escolas Fundación Celta demostraron esta semana a súa enorme bondade. Todos eles doaron alimentos para os máis necesitados nunhas datas moi sinaladas. Así, da man da asociación A Man que Axuda, estes víveres chegarán a aquelas familias máis vulnerables. A recollida de alimentos produciuse nas sedes de Coia e … Continuación

Xa temos os gañadores do concurso de postais de Nadal 2019!

Os gañadores do Concurso de Postais de Nadal Fundación Celta – O Corte Inglés recibirán ou próximo luns 23 de decembro ás 18:00 h no restaurante da 7ª planta do Corte Inglés, os seus premios consistentes en trofeo o cheque regalo do Corte Inglés e un lote de agasallos da Fundación Celta para o gañador … Continuación

Rafinha e Pione Sisto asinarán autógrafos este martes no espazo solidario da Fundación no Tinglado

Este martes o espazo solidario de Nadal que a Fundación RC Celta ten no Tinglado do Porto (Estrada Porto 3, Vigo) contará coa presenza de dous xogadores do primeiro plantel. Rafinha e Pione Sisto estarán este martes 17 de decembro de 18.00 a 19.00 horas asinando autógrafos e fotografándose con todos os afeccionados celestes que … Continuación

‘Eurorrexión Celeste’ recibe a visita do Concello de Padrón e o Club de Fútbol Sar

Cincuenta e sete integrantes do Club Fútbol Sar de Padrón e do concello da mesma localidade visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o RCD Mallorca dentro do programa ' Eurorrexión Celeste'. Representando ao concello padronés acudiu o Alcalde D. Antonio Fernández e representando ao Club de fútbol o … Continuación

En marcha os clínic de Nadal da Fundación Celta by Cabreiroá 2019

Xa están en marcha os Clinic de Nadal by Cabreiroá. Os participantes poñerán en práctica a metodoloxía da Canteira da man dos nosos técnicos tanto no campo Federativo de Coia como nas sedes de Xinzo de Limia, A Estrada, Viana do Bolo e o colexio Apóstolo Santiago de Vigo. SEDES E HORARIOS Sede COIA (VIGO) … Continuación

Derradeiros días para inscribirse na VI Invasión Celeste – Fe Seguros

Derradeiros días para inscribirse na VI Invasión Celeste – Fe Seguros. O prazo rematará o 3 de decembro ás 23:59 h, lembra que se ha de realizar a través da páxina web www.magmasports.es A Fundación Celta aposta un ano máis por un formato de competición aberto a toda a familia xa que o seu atractivo … Continuación

Eurorrexión Celeste recibe a visita do Club de Fútbol de Domaio

Cincuenta e sete integrantes do Club de Fútbol de Domaio visitaron este venres o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Valladolid dentro do programa ' Eurorrexión Celeste'. Representando ao Concello acudiu o Concelleiro de deportes D.Manuel Parcero e representando ao Club de fútbol o secretario D. Manuel Ángel Otero. A expedición … Continuación