Hai algún tipo de desconto por discapacidade?

Si. O desconto habitual por discapacidade é do 25% sobre o prezo normal do abono. No caso da tempada 2020/21, os abonados con discapacidade deben tramitar o seu abono igual que o resto de abonados (50€), aplicándose o 25% de desconto sobre o posible suplemento no suposto de poder acceder ao estadio. A discapacidade debe … Continuación

Teño algunha vantaxe por escoller a opción de moedeiro dixital para tramitar a devolución do importe pendente da tempada 2019/20?

Si, ademais das vantaxes comúns a todos os abonados gozas destas adicionais. – Acceso PRIORITARIO á compra de entradas ou packs de entradas para partidos que o RC Celta poida xogar con aforo reducido en Abanca Balaídos* – Acceso PRIORITARIO gratuíto aos partidos do Celta B, se durante a tempada permítese o acceso ao público*.

Podo cambiar de asento nesta tempada?

Non será posible. Os asentos da tempada 2019/20 non se poderán modificar ata que se habilite de maneira definitiva o 100% do aforo do estadio.

Teño desconto nas tendas oficiais do club?

Si, tanto na tenda de Abanca Balaídos e A Sede como na tenda online podes gozar do habitual 10% de desconto en produto oficial RC Celta. Ademais, tamén ofrecemos puntualmente packs de produtos exclusivos para abonados con descontos que poden alcanzar o 30%. Lembra que pode haber unha demora na formalización das altas e/ou renovacións … Continuación

O meu abono dá acceso a partidos do Celta B?

Si, pero sempre suxeito a dispoñibilidade de aforo. Teñen prioridade no acceso os partidos do Celta  B aqueles abonados de  T19/20 ou Anuais 2020, que: son titulares de moedeiro, escolleron opción doazón á Fundación ou renunciaron a tramitar a devolución. Debido ás limitacións sanitarias, o club poderá establecer un sistema para favorecer que todos os … Continuación

Que pasa se finalmente non se permite o acceso a partidos en Abanca Balaídos durante toda a tempada?

Lamentablemente non poderiamos ofrecerche compensación nin reintegro da cota de abonado,  xa que se trata dunha cota mínima por manter a túa condición de abonado.

Haberá días do club?

Non, debido a que non sabemos como nin cando accederá o público ao estadio.

Que pasa se durante a tempada 2020/21 permítese o acceso a partidos con aforo limitado en Abanca Balaídos?

Como abonado poderás acceder á compra de entradas para as butacas dispoñibles. Isto non garante acceder á túa butaca nin bancada habitual xa que se poría á venda a capacidade e butacas que as autoridades determinasen. O prezo destas entradas sería idéntico ao prezo por partido da tempada 19/20 e tería en conta os 50€ … Continuación

Que pasará se finalmente habilítase o 100% do aforo durante a tempada 2020/21?

Se se dese a circunstancia, habilitariamos unha fase 2 da campaña de abonados para tramitar o pago dun complemento. O prezo dese complemente tería en conta os 50€ xa pagados da campaña actual. O prezo final por partido para os abonados da T20/21 será idéntico ao pago na T19/20. Sendo o mínimo total a pagar … Continuación

O meu fillo/a é titular do carné Infantil pero xa cumpriu 8 anos debe tramitar a renovación do abono?

Si, o teu fillo/a pasa a ser categoría sub15 e debe tramitar o abono coa cota de 50 euros, igual que o resto de categorías (sub25, adulto e maior 65)