25000 CELTISTAS 9¡16X9
Celtismo

25.000 herdeiros dun sentimento!

RC Celta

Que o celtismo é un sentimento que se transmite de xeración en xeración quedou evidenciado na campaña de abonados da tempada 24/25. “Herdeiros”, que rematou todas as súas fases en xullo, pechou as súas portas con números espléndidos: 25.000 corazóns celestes latexando ao redor do mundo entre abonados e carnés celtistas.

O RC Celta celebra a gran acollida e resposta que tivo a presente campaña e desexa expresar a seu máis profundo agradecemento á afección polo apoio constante e fiel que sempre recibe. O celtismo é a alma deste equipo, e o club non pode estar máis orgulloso da gran familia de celtistas que xa somos. Un número que continuará aumentando durante o curso; xa que todos aqueles que desexen ser parte deste sentimento, aínda poden obter o seu carné celtista AQUÍ.

Grazas, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club

Noticias recomendadas