A Cidade Deportiva Afouteza foi o escenario da presentación da 16ª etapa de La Vuelta 2025, que se disputará o próximo 9 de setembro. Esta etapa percorrerá un total de 172km por varios municipios galegos, comezando en Poio e pasando polos concellos de Arcade, Pazos de Borbén, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui, Baiona, Tomiño e finalizando no Castro de Herville (Mos). Este ano cobra especial relevancia xa que La Vuelta celebra o seu 90º aniversario e a 80º edición sendo unha das citas deportivas máis destacadas a nivel internacional. A competición arrincará o 23 de agosto en Piemonte (Italia) e prolongarase ata o 14 de setembro, cun total de 21 etapas e 3.151 quilómetros, onde percorrerán as paisaxes máis espectaculares da xeografía española e parte de Europa.
O acto estivo presidido por Terio Carrera e contou coa presenza de importantes autoridades locais e deportivas. Entre os asistentes atopábanse Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos; Javier Guillén, Director Xeral de La Vuelta; e Óscar Pereiro, embaixador de honra da competición. Ademais, Miguel Álvarez, conselleiro do RC Celta, tamén participou no evento, onde recibiu unha camisola conmemorativa e quixo poñer en valor a importancia de unir forzas e de abrir a casa do Celta, Afouteza, como un lugar de encontro no que seguir crecendo xuntos. Pola súa banda, Javier Guillén, Director Xeral de La Vuelta, mostrou a súa satisfacción de que un ano máis Galicia súmese a unha das competicións ciclistas máis prestixiosas do mundo.
Más dun centenar de persoas de diferentes colectivos non se perderon este acto de presentación que non podía celebrarse nun lugar mellor que Afouteza, símbolo de traballo, esforzo e sacrificio, onde cada día decenas de deportistas dan o mellor de si para seguir crecendo e seguir superándose. Un lugar para soñar pero que tamén sabe o difícil que é alcanzar os soños. Por tanto, un lugar perfecto para bautizar esta etapa 16 e desexarlle moitos éxitos a todos os ciclistas que participen nesta edición de La Vuelta.