Unknown
Celtismo

Á venda as entradas para ver a Alejandro Sanz en Abanca Balaídos

RC Celta

Unknown

Xa están á venda as entradas para o concerto de Alejandro Sanz en Abanca Balaídos o 3 de xullo de 2027, dentro da súa xira «¿Y Ahora Qué+?». A última vez que actuou no noso estadio foi en 2001 e, vinte e seis anos despois, regresa a Vigo pisando forte.

O próximo verán, o fútbol deixará paso á música na casa do celtismo. Será unha noite para cantar co corazón partío e coa alma al aire, e para comprobar que vivilo en Abanca Balaídos non é o mesmo.

As entradas para esta cita ineludible xa se poden adquirir en Entradas.com, alejandrosanz.com e El Corte Inglés.

Vémonos no templo, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas