
A AEMET acaba de establecer unha alerta amarela por choivas e tormentas que afecta á provincia de Pontevedra.
Ante esta situación, e de acordo coas indicacións establecidas e requerimentos para este tipo de alertas meteorolóxicas, vémonos na obriga de cancelar todas as actividades ao aire libre programadas para a xornada de hoxe: postos de comida, concertos, animación infantil, etc.
Sentímolo moito, celtismo, pero nestas circunstancias de forza maior temos que garantir a seguridade de todos os nosos seareiros e das persoas traballadoras involucradas na Xuntanza.
O partido non se verá afectado e mantense programado no seu horario habitual, ás 21:00h, sen que esta cancelación afecte á operativa ordinaria do encontro.
Desexamos que a cancelación desta celebración non afecte aos ánimos, xa que hoxe segue a ser un día para animar ao noso equipo e celebrar unha nova clasificación para Europa.
Afouteza!