As Celtas arrancou esta semana a pretempada do seu segundo ano de vida, e faino cos corpos técnicos de todas as categorías completos e preparados para comezar con forza este novo curso.
O primeiro equipo estará dirixido por Vicky Vázquez, acompañada por Toni Martínez como segundo adestrador. O grupo complétase con Héctor Iglesias como adestrador de porteiras, Iván como preparador físico, María Lois como readaptadora, Candela como fisioterapeuta, Jordi como delegado e un doutor propio que dará apoio médico ao equipo.
As Celtas B contará con David Ferreiro como primeiro adestrador e Damián Cagiao como segundo. A preparación física estará a cargo de María Lois, que tamén dará apoio no ximnasio. O corpo técnico complétano Sara Couso como delegada e un fisioterapeuta propio.
O Cadete de As Celtas estará dirixido por Mara Jiménez como adestradora principal, co apoio de Carmen Sumay como segunda adestradora e unha delegada propia que acompañará ao grupo durante a tempada.
En categoría Infantil, Edi Valverde será o adestrador principal, xunto a Nacho Soret como segundo adestrador e Carla Carballo como delegada do equipo.
A estes corpos técnicos formados por persoas comprometidas e apaixonadas polo fútbol, que permitirán a As Celtas arrancar a tempada con todas as garantías, súmanse Humberto Lede, como encargado da coordinación do proxecto, e Sergio Álvarez, que actuará como conselleiro do Celta vinculado a As Celtas.
Con todo isto, o proxecto aposta polo traballo ben feito, o coidado ás xogadoras e a ilusión por seguir medrando xuntas. Agora As Celtas xa están preparadas para dar o mellor de si.