A cor celeste salpica a vermella. O seleccionador nacional Luis Enrique incorpora á súa convocatoria para os adestramentos de preparación da Eurocopa 2020 a un futbolista do RC Celta. Brais Méndez xa viaxa cara a Las Rozas para unirse aos integrantes da Selección Española nos seus adestramentos oficiais.
Case tres anos logo da súa última aparición no combinado nacional, o canteirán celeste volve a unha convocatoria oficial para adestramentos oficiais.
Brais Méndez foi convocado por primeira vez coa Selección Española o 8 de novembro de 2018 e debutó o día o 18 dese mesmo mes nun partido amistoso contra Bosnia Herzegovina no Estadio de Gran Canaria. O céltico foi o autor do único gol do encontro.