VisionadoSevilla_1920x615
Celtismo

O Sevilla – Celta vémolo todos xuntos en Abanca Balaídos!

RC Celta

Abanca Balaídos abre as súas portas para que o celtismo goce unido do último partido fóra de casa deste 2024 que o RC Celta disputará este sábado, 14 de decembro ás 18:30h, ante o Sevilla FC no Ramón Sánchez Pizjuán.

Todos os afeccionados que teñan o Carné Celtista, en calquera das súas modalidades (Celtista, As Celtas, Colaborador ou Abonado), poderán asegurar o seu acceso gratuíto ao estadio AQUÍ. O aforo é limitado, polo que o formulario pecharase automaticamente unha vez completado.

O acceso realizarase pola porta 12 media hora antes do inicio do partido (18:00h.), onde se solicitará o carné á entrada, polo que é fundamental que todos os asistentes léveno, de forma física ou dixital. Haberá un servizo de bar para que non falte de nada e xuntos pasemos unha tarde única.

Lembramos que nesta ocasión, a retransmisión só farase en Abanca Balaídos.

O celtismo é o motor do RC Celta e o club está seguro de que, xuntos, axudaremos ao equipo a alzarse coa vitoria.

Vémonos este sábado, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas