Celta-x-hummel-1920x1080
O Club

Hummel, novo patrocinador técnico do Real Club Celta

RC Celta

O Real Club Celta e Hummel asinaron un acordo polo que a multinacional danesa se converte no novo patrocinador técnico do club celeste para as próximas cinco tempadas. Hummel será o encargado de subministrar as equipacións de xogo e adestramento e a liña lifestyle, tanto para o primeiro equipo como para o resto de seccións deportivas e categorías inferiores da entidade.

RC Celta e Hummel unen forzas para marcar un fito na historia de ambas as entidades. Vigo é o punto de encontro da próspera historia de dúas institucións centenarias que forxaron a súa historia nunha filosofía e valores comúns.

A presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, amosou a súa satisfacción por un acordo que “nos une para as próximas cinco tempadas cunha marca de gran prestixio e que amosou unha gran sensibilidade para comprender a esencia e os valores do noso club“.

Embarcamos con ilusión e moita confianza nesta nova etapa con Hummel, na que miramos ao futuro con ambición apoiados na nosa identidade e as nosas raíces“, engadiu.

José “Coe” García, presidente do Hummel, destacou que “o Real Club Celta de Vigo é un club cunha longa traxectoria, unha gran afección e un ADN único. Dende o primeiro momento, a conexión co Celta e a súa xente foi moi especial, e sentímonos unidos polos seus valores, a súa tradición e os seus obxectivos. É unha honra poder acompañar ao Real Club Celta de Vigo neste camiño, e estamos convencidos de que con esta alianza imos desenvolver produtos técnicos e gamas de merchandising moi atractivas para a súa afección”.

Hummel é unha marca deportiva con sede en Aarhus, Dinamarca. A empresa foi fundada en 1923 pola familia Messmer en Hamburgo, Alemaña, e na actualidade fabrica roupa e todo tipo de complementos para xogar ao fútbol, ​​fútbol sala, balonmán, baloncesto, voleibol e rugby, entre outros deportes. A compañía tamén produce calzado para fútbol e balonmán, ademais de contar cunha ampla liña de produtos de moda e calzado de moda, para o que conta con colaboracións Premium con deseñadores como Willy Chavarria ou Astrid Andersen, entre outros.

No ámbito do fútbol, ​​Hummel mantén diversos acordos de patrocinio en todo o mundo: Everton FC, Southampton FC, FC Cologne, Werder Bremen, AS Saint Etienne, Brondby FC ou a propia selección danesa.

En España, froito deste bo traballo, Hummel situouse como o gran dominador do patrocinio técnico en ligas profesionais, incluso no fútbol, ​​con acordos como patrocinador técnico, entre outros equipos co Real Betis, UD Las Palmas, SD Eibar, CD Tenerife, etc…

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas