ESCUDO-1300x400-02
Novas club

A estratexia de internacionalización do RC Celta alcanza os 6 millóns de seguidores nas súas redes sociais

RC Celta

O RC Celta alcanza os 6 millóns de seguidores no global das súas redes sociais. Uns datos que premian a estratexia de internacionalización do club cun crecemento mensual continuado e verificado por Blinkfire, a plataforma de medición de uso de LaLiga Santander. Unha expansión global iniciada na pasada xira de pretemporada realizada por Estados Unidos e México e que tivo a súa continuidade ao longo da presente tempada. Baixo o présa do proxecto Impulso de LaLiga Santander, unha delegación do RC Celta -encabezada polo seu presidente Carlos Mouriño- reforzou este plan de expansión cunha nova visita en novembro a Nova York e México DF, a un mercado de enorme potencial e futuro como o norteamericano e latinoamericano. O club tamén reforzou a súa marca Celta este curso cunha nova acción internacional en Exipto, onde ademais puido compartir as novas liñas de traballo e crecemento co ex dianteiro celeste Mido.
Ademais en cada un destes proxectos internacionais a delegación celeste visitou diferentes Penas celtistas e puido sentir o agarimo e o apoio ao futuro global do club ao longo do mundo. Unha liña de traballo mundial que deu os seus resultados en redes sociais.
TikTok consolídase como a principal fonte de seguidores, con máis de 3 millóns de celestes nesta rede social. Á súa vez, Facebook marca outro fito histórico ao consolidar o seu crecemento superando o millón e medio de siareiros. A conta oficial de Instagram do primeiro equipo continúa a súa evolución mensual con 400.000 usuarios, mentres que na rede social Twitter xa se reúnen máis de medio millón de seguidores celestes. Pola súa banda, na canle oficial do RC Celta en Youtube reúnense máis de 50.000 subscritores e xa se superan os 10 millóns de vistas. Snapchat é a última rede social na que chegou o RC Celta, converténdose no primeiro equipo de LaLiga en ter un lente óptico propio dentro da plataforma, xunto ao Real Madrid e FC Barcelona.
RC Celta

Etiquetas

Novas club Prensa

Noticias recomendadas